martes, 23 de agosto de 2016

Por un verso, o que facemos por un verso!!!

Xa sabedes que na ENT Dorna temos un Rei, e tamén sabedes que temos unha, e só unha, Santinha. A nosa Rosalía. A poetaza que máis nos inspira e máis azos nos dá para facer actividades. 

Por  uns versinhos dela levamos catro anos subindo os ríos Ulla e Sar só para darlle unha visita e saudala con todo o noso respeto e admiración. 

Que inchadinha branca vela antre os millos corre soa!
Mais non é certo que sexan estes os únicos versos da poeta que nos dan ideas. Como o patrón da Roxinha, Anxo, ademais de patronear a dorna, patronea a Fundación Rosalía de Castro, deixounos fuchicar nos arquivos e na biblioteca, e demos cunha resma de versos inéditos da grande poeta, a partir dos cales incorporamos novos matices à nosa proposta para a Subida do Río. 

Eis unha escolma das mellores estrofas que encontramos:

Que preciosírmo traballo
subir nos remolques as dornas!
Enchemos as mans de callos
mentres o Angueira nun tallo
recita e canta: Voa! Voa!
 

Que preciosísima estampa!
Quedan dornas na mallante,
Parada coloca a tampa,
na duna un sol que apampa
sae o carro: Avante! Avante!


Que seca marabillosa
nos recibe en Vilarello!
Ribeira calma e lamosa
silencio de cana verdosa
e vello o río, vello!


Risas, cantos, harmonía
e un porquinho ben feito
festas, danzas, alegría
e unha cervexa ben fría
agardando polo vento: Vento!


Porquinho, porquinho à brasa!
Agradable como un santo
alimenta e acompasa
dos rexos corpos a masa
coa febra baixo o seu manto.


Como os corpos van enchidos
à ribeira fresca e pura!
Brando río agradecido
auga trae pró cometido
cando toca a botadura.


O caminho todo é prata
serpeando polas branhas
o vento ben que se mata
en demorar a paseata...
tenos sanha o vento, sanha!
 



No Espolón todo vai listo:
de beira a beira un cabo,
que o temos todo previsto!
nin pode queimalo un misto
nin desmarralo o diabo! 
 


Chegan as dornas e amarran
entre rebrillos e palmas:
Na Arousa si que desbarran,
ben que se divirten e farran,
pensa a xente nas varandas.


Que inchadinhas brancas velas
ao son do himno revoan!
murmurantes tarabelas,
dille o Sar en torno delas:
vento, zoa! zoa!     Zoa!


Que ganinhas nos quedaron
de ver mais fotos do evento!
Na Casa do Patín colgaron
imaxes dos outros anos
quedará o Rivo contento...

se ides ao establecemento.  



As fotos son do ghuasá da ENT Dorna, sacadas polas participantes na actividade: Anxo, Mari Camen e Salva.


PD: Senhor Angueira, creo que a blogueira ganhou unha camisola da Inchadinha Branca Vela ;) 




5 comentarios:

  1. Camisolas da "Inchadiña"
    Non queda nin a primeira.
    Pero vouche da-la miña
    Por faceres liña a liña
    Tan bos versos, compañeira.

    ResponderEliminar
  2. Camisolas da "Inchadiña"
    Non queda nin a primeira.
    Pero vouche da-la miña
    Por faceres liña a liña
    Tan bos versos, compañeira.

    ResponderEliminar
  3. Este comentario foi eliminado polo autor.

    ResponderEliminar

a falar a xente se entende