O sábado, a pesar da dura semana que viviu a escola, fixemos a festa igualmente. Como iamos deixar de velear por unha caldeiradinha de vento que case nos mata! Porfavorinho!!
Como o mar é así, mobile e inconstante, o grande problema da regata era a previsión de calma. Tinhamos programadas dúas voltas ao circuito que temíamos ter que reducir a unha por falta de vento. Por iso non incluímos no triángulo pasar à banda sur da ponte. Non fora a ser...
E non foi.
O ventinho agradábel que nunca baixou deu unha regata rápida e tranquila, perfecta para lucir técnica e dominio da embarcación.
E foi... para algunhas. Porque o fútbol o mar é así e nunca podes dar un partido unha regata por ganhada e nunca por perdida.
I. A saída.
Xa sabedes que o que diferencia a Regata do Bao do resto das do Mundial é a saída desde terra coa vela ao lombo. Como o espazo da mallante está delimitado, os nervios xa comezan cando toca pillar sitio...
- A ver se a damos levado máis para leste... |
Aí ben vos cabe... |
- Ei, ese sítio era noso, aparta ese verdello de aí!! |
E demos a saída!
Había tripulacións rápidas... |
...e tripulacións calmas (para que correr?) |
Armando os paus e buscando a dorna máis rápida... |
Armando velas e buscando a dorna máis rápida... |
Por alá vai a Pereka! |
Mentres as calmas seguen armando (para que correr?) |
E todas foron enfiando a primeira boia, colocada no Terrón. E alá as seguimos na Trancas para comprobar que ninguén tocase boia nen fixese mal o paso...
II. O circuito
Todas felices cara a Vilanova... |
- Venha, dá-lhe a todo flispín e imos aló...
PBRRRRRRR
- Dá-lhe ouh, que aínda imos chegar máis tarde que os primeiros...
PBRRRRRRR
- A Trancas non prende...
- Ouh, ouh!!
- Igual non quedou ben da aneghasión do martes...
- Proba outra vez!!!
PBRRRRRRR
- Que!? Encontras arranxo!! |
- Si: pedir axuda!
Ains, na semana apocalíptica tinha que ser! O salvamento rescatado!!
A esta distancia vimos o paso polo Cabodeiro... |
16.35: Ghuasá! ghuasá! Pasade para o Cabodeiro, xuízes, que isto é un cristo!!16.36: Ghuasá! ghuasá! Non podemos! Estamos aboiados no medio do mar! Xa pedimos tangue novo de ghas!16:37: Pois aquí há unha dorna mui danada...
E así,
...mentres recibiamos o primeiro rescate... |
...a Laverca rompía en cachinhos. |
Tinhamos que tomar nota do primeiro paso pola Peza de Rabo, por se tocaba calma...
E outra vez quedamos tiradas no meio do mar!! Non era cousa do tangue!!
A esta distancia vixiamos as dornas... |
E con prismáticos vimos a Pereka marcar distancias co resto... |
Menos mal que McGuyver sempre anda no mar...
E acudiu raudo cun trapinho (si, un trapo) para pór a Trancas en marcha.... |
A dorna máis ocupada... |
Pasou a Orixes de última e xa as primeiras enfiaban a meta... |
III. A chegada.
E alá fomos a todo flispín para certificar a chegada das primeiras e comprobar que varaban... A regata estaba a ser moi rápida (ou a lancha de control moi lenta) e non daba tempo a nada...
A distancia da Pereka sobre as perseguidoras era clara. Tamén pola boia do Terrón pasara primeira, às 16.50, seguida da Jalerna a Carinhosa e a Xarandeira. Estaba a realizar a regata perfecta. Tínhao todo para facerse co primeiro premio...
17.02: Ghuasá! ghuasá! A Pereka rompeu a vergha!!
Para ela tamén a semana foi apocalíptica... |
A cousa quedou entre as perseguidoras. Chegando a meta, pasaron da Peza de Rabo a Carinhosa seguida da Jalerna... Só que à Carinhosa non lle daba para entrar directa entre as dúas bandeiras marcadas...
Uuuuuui, rumbo de colisión!! |
A Carinhosa viuse na obriga de facer un cambio... |
E aí ganhou a posición a Jalerna... |
Primeiras!! |
Coa praia case valeira, pois ninguén contaba que acabaran tan rápidas: unha hora e dez minutos.
E foron chegando todas... |
Até as últimas... |
IV. Fin de festa
E xa sabedes como acabamos sempre... Con premios...
... pinchos... |
... e novas camisolas desenhadas por David da Raposa. |
E para arredondar a xornada, acabando a festa e baixando o sol, cando xa todo o mundo marchaba, demos con el, por fin:
O Pokepodrén!! |
Ningún comentario:
Publicar un comentario
a falar a xente se entende