martes, 26 de abril de 2016

Preparadas, Listas...

Xa!!

Na ENT Dorna temos todo pronto para o comezo de tempada, lembrade, o 17 de maio. Tan prontas estamos que até os d'A Roda andaron a gravarse tocando e cantando na Nova Marina.

Silencio! Rodamos!
Que lindas locen!!
Tamén o Rei anda listo (o pau que falta é polo do desgoberno).
Claro que, como estes días non demos sinais de vida por estes lares, igual vos pensades que as cousas están preparadas, listas e xa, porque si, sen traballos nin quedadas nin nada. Inxenuas!!

Porque antes de navegar...

Hai que ir ao bateeiro para ponher o paus co guindastre...
E antes hai que darlle lasur aos paucinhos.
E antes hai que levar a Peça de Rabo a encharcar.
E para iso hai que sacar a Trancas do Naval...
E antes hai que levar a Peça no remolque à rampla.
E mesmo hai que sacala do local do Naval...
E antes aínda houbo que cargarlle o chumbo à xeiteira...
E houbo que levar o Rei ao pantalán para lastralo con cemento...
Pero para iso tivemos que atravesar o Cantinho navegándoo.
Non sen antes abandonar o Varadoiro do Chufre...
E para iso houbo que comprobar que prendía o motor...
E antes tivemos que despendolalo do travel...
E antes tocou embarcar vixiadas polo Sempre en Galiza.
E antes houbo de ser colocado o galeón no punto exacto...
Non sen antes retocarlle o patente da obra viva.
E houbo que trasladalo desde a esplanada onde traballamos nel...
Non sen antes acabar o folio....

Que foi onde deixamos a Paco a última vez que cronicamos por aquí.

Será por traballos que estamos preparadas e listas!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario

a falar a xente se entende