Os Encontros, en si mesmos, son como uns encontros na terceira fase, na que uns seres estranhos de súbito se aparecen na vila tranquila e saen deses estranhos OFNIP's [obxectos flotantes non identificábeis co poliester] e por un fin de semana ocupan os bares e os pantaláns [sobretodo os bares] até que o virus remite e fica latente durante dous anos. Encontros destes levamos doce: somos expertas navenígholas!
E este ano tocan no Cabo da Crus.
Unha das cousas que máis adoramos dos Encontros son as travesías para chegar a eles: pasar Sagres e Corrubedo para dar en Muros ou Outes, superar a boia encarnada de Punta Faxilda e o Cabicastro para acabar en Combarro, en Bueu...
Este ano o repto... tan lonxe... tantas horas de navegación... tan aí: este ano o caso era levar todos os barcos navegando!! E levar moitos!!
Sairon unhas do Cantinho, outras do Bao... |
MIMÀ, Cacho armada a da Arousa!! |
A chegada foi rápida. Às seis e media xa estaban todas alá... Unha travesínha de nada.
E as grandes foron para o peirán... |
E as "pequenas" foron para o pantalán... |
Arombamos todo ben arrombadinho... |
Porque hoxe era o día inaugural. Xa sabedes. Tocaba iso que tanto adoramos na ENT Dorna...
Practicar a subida de vela ao son das ghaitas... |
Unha vez alistadas as embarcacións...
Marchamos, que temos que marchar! |
Non, sempre hai unha razón importante para marchar: buscar comida!
A sagrada Cea: ensalada de pasta e caldeirada de peixe! |
A motora xa podía voltar para a Arousa:
O Rei do Mar voltando a casa. |
Porque si, a falta de travesías de 10 horas e ghomitos, nestes Encontros no Cabo, o que vai haber novamente no Mar da Arousa é unha motora a cruzar o canal. Ea!
As fotos son de Héctor, Salva e Belén.
As fotos son de Héctor, Salva e Belén.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
a falar a xente se entende