Despois de revisar os fondeos do Bao, pasamos a facer a revisión e preparación do circuito de Moz-Arousa, onde vai decorrer a Regata do sábado.
Para as que non vedes a boia, algunhas pistas. |
O primeiro é o primeiro:
Xa vos colocamos todas as bateas, cada unha no seu polígano! |
Tamén vos puxemos algúns cons no caminho, para lle dar emoción ao asunto... |
Mesmo cambiamos de sitio a Nova Marina, para despistar. |
E pintamos de encarnado a pasante: lembrade, o encarnado, deixalo sempre por couso! |
E agora o recado importante: A Volta à Arousa non agarda por ninguén!
A hora de saída está marcada para as 16.00 horas. E às 16.00 horas vai ser dada a saída. Debedes ter en conta que a Volta à Arousa non é un triángulo. Ten o recorrido máis longo de todo o calendario. É esencial, por cuestión de seguridade, poder acabala con luz diurna, por se hai imprevistos e é necesario sair ao rescate de dornas perdidas.
Por esta mesma razón, insistimos na importancia de anotarvos antes do comezo da Regata. O equipo de salvamento ten que contar cunha listaxe clara de embarcacións participantes para levar un bo control da seguridade.
Así que, xa sabedes, chegade con tempo para anotarvos e para non atrasar as pitadas de arranque.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
a falar a xente se entende