Xa está aquí a proba máis importante do ano. Cadrando co solsticio de verán, para que o sol irradie con forza a travesía, chega a XXXI Volta à Arousa.
Despois das dúas sesións de adestramento oficiais, nos circuitos de Inter-Faros e do Sepang-lo, chega o circuito com mais viradas, cons, peraltes e rectas, que nunca até media hora antes, sabemos se será recorrido no sentido das agullas do reló ou à contra: o circuito de Monz-Arousa.
Lembrade que para participar no Arousa Gran Prix tedes que estar ao día no asunto dos seguros.
Lembrade que é obrigatorio levar flotabilidade e remos a bordo.
Lembrade tamén que a Volta á Arousa é, ante todo, unha festa.
Vémonos o sábado!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario
a falar a xente se entende