A foto do patrón Parada ben vale un cartaz! |
antre os millos corre soa,
misteriosa pura estrela!
Dille o vento en torno dela:
«Palomiña, ¡voa!, ¡voa!»
Faille arrolo a branda ría
cun remanso mormuxante,
que nás da arboleda umbría
baixo un toldo de alegría,
ó calor dun sol amante.
Nós poderiamos escribir eses mesminhos versos da Rosalía, porque xa o ano pasado subimos o Ulla coas nosas dornas, inchando as velas, sentido o vento a falarnos entre as canaveiras e o millo e sentindo ao lonxe os arrolos da ría...
E como sentimos todo iso, e estamos poetas perdidas, alá imos este sábado que vén, 12 de xullo, xunto coa Fundación Rosalía de Castro, outra vez a levarlle à Rosi a sua coroa de loureiros e a cantarlle un himno sentido cos remos en alto.
Son necesarios remolques e coches transportadores, porque sairemos da praia de Vilarello. Subirán tantas dornas como remolques haxa, para aforrar viaxes. Quen non colla nas embarcacións, pode seguirnos desde terra. No espolón de Padrón agardan por nós petiscos e refrescos.
Podedes acompanharnos quen queirades: amas de dornas de Cambados, Ogrobe, Vilanova, Portonovo, Ribeira, Aguinho... vinde con nós a facerlle a homenaxe da xente do mar à poeta de todas!
¡¡Gústame o de San Lois!! ¡¡ Que bonito !!
ResponderEliminaré que San Lois sai duas estrofes antes:
ResponderEliminarA San Lois vexo brillando
bañado por tintas puras,
sol e sombras amostrando,
en reposo contemprando,
montes, auguas e verduras.