sábado, 5 de xullo de 2014

9 de agosto

O 9 de agosto pasaron moitas cousas importantes:

  • en 1483 é inaugurada a Capela Sixtina, que está mellor pintada que a Nova Marina.
  • en 1930, ATENCIÒN!, a Betty Boop debuta na curta Dizzy Dishes
  • en 1936 Jesse Owens ganha a sua cuarta medalla de ouro e dálle nos narices ao nazismo.
  • en 1942 Mohanda Ghandi é apresado polas forzas británicas.
  • en 1945 os EEUU lanzan sobre Nagasaki a bomba fat men, que destrúe totalmente a cidade. 
  • en 1963 nace Whitney Houston, que sempre nos amará.
  • en 1974 Nixon renuncia á presidencia dos USA após o escándalo do Watergate

e, en 2014, 

celebrarase a adiada XXX Volta á Arousa

David, muda a data do cartaz!!!

E que non chova...


2 comentarios:

  1. o cartaz é unha obra de arte. quen o fixo merece un bo agasallo.
    enhoraboa.

    ResponderEliminar
  2. Guardade-me um para o dia da regata, se fazedes favor

    ResponderEliminar

a falar a xente se entende