Xa estaba todo listo na praia da Canteira para a XXX Volta à Arousa. Hoxe á tarde, a comisión organizadora, tinha combinada unha xuntanza para ultimar os preparativos.
Este ano estreabamos sistema de foto-finish, ben, en realidade de foto-start, para asegurar que todas as dornas facían o desmarque inicial entre a lancha do xuiz e a a popa do galeón...
Her direktor comprobando o funcionamento do chisme... |
Porén, como para manhá seguen a dar chuvia, e chuvia e chuvia, decidimos aproveitar a infraestrutura para observar paxarada... E que ben funciona o aparato, que vimos unha parella de lavancos como se estiveran a catro metros!
Así de perto os vimos!! |
En realidade ocuparon unha das nosas pozas chuvinhentas e non os asustaba nin a nosa presenza nin a nosa manía de fotografar todo...
Pasando das visitas... |
e por certo... atendede ben à imaxe: A Arousa está a afundirse... o mar vese por riba da terra...
Ningún comentario:
Publicar un comentario
a falar a xente se entende