Onte non choveu. Foi unha cousa estranha e sorprendente, mais é toda a verdade. Tamén houbo un recital poético a bordo do Rei do Mar, pero que nova é esa se coincidiu cunhas raiolas de sol? A proba, neste bló.
O recital facía parte dunha xornada sobre pesca e mar argallada polo BNG. O galeón agardaba polas poetas amarrado no Cantinho.
| | |
O Rei do Mar estendendo o foque para saudar ao sol. |
O grupo de gaitas da ACD Dorna poría a nota musical, con rumbas e muinheiras, por se a algunha das poetas lle daba por líricas melancólicas. Que non chovía, e non era cousa de amorrinhar-nos!
|
Gozando da solleira mentres non chegaba a visita. |
|
A sección musical afinando a instrumentación. |
Cando chegaron as participantes na Xornada Pesqueira, antes do recitado, conheceron o noso Rei. E si, moita república, moita república, pero ben que gustaron del. ;)
|
O senhor director non será poeta, pero que ben explica a historia do barco... |
|
Con música tradicional deu comezo o recital |
|
Paco Souto rompeu o xeo lanzando versos ao ceo. |
|
Poetas de terradentro tamén deitan versos ao vento. |
E si, o vento crecía e vinhan nubes neghras ameazando chuvia...
|
Seguiu Marta Dacosta, que é de mar, ben que se nota. |
|
|
|
Alberte botou uns versinhos, pequeninhos pequeninhos. |
|
Xosé Daniel falou de Astano, que loitas as de aquel ano! |
|
|
|
Xosé cantou às buguinas, e levaba unha enriba! |
|
Onde haxa poesía, haberá espontáneos; a práctica confirma a teoría. |
|
E para acabar o recital, un pouco de música tradicional.... |
Para as que non credes que Xosé Iglesias sexa marinheiro, deixámosvos aquí un dos seus grandes éxitos youtubianos. Así podedes facervos unha idea do que foi esta tarde, lembrade, sen chuvia!
oooola ,notase que a nosa blogheira, algho a poesia dalle ¿non?,,,,traballaso mosa coma casi sempre,,,,,desirvos so que os problemas do motor do arranque xa estan arreghlados (previo pagho de uns 500 er.que non todo o mundo traballa gratis) e as luses de situasions temos que pintalas cando deixe o tempo ,,viiiiiiicos mil
ResponderEliminar