xoves, 5 de decembro de 2013

Temos casa!!

A nova sae hoxe no Faro de Vigo. Pincha aquí para a ler.
 
Como sabedes, andamos este outono buscando unha boa cova onde refuxiar as nosas embarcacións para hibernaren. E parecía que non faciamos nada, mais era xusto iso: parecía. 

Nestas últimas semanas estivemos submerxidas nun proceso negociador, sempre cruzando os dedos e pendentes de que chegase ese SI QUERO final que, ao final, chegou. Todo grazas ao Concello da Arousa, que se implicou no tema todo canto puido.

O caso é que había un baixo no Naval no que nos cabían todas as dornas. Claro que o baixo tinha amo. E ese amo (amónimo ímoslle chamar, porque non desexa ser publicitado) antes de nos ceder o espazo encargou un estudo de mercado a ArturinhoEAnderson, uma das grandes consultoras mundiais. A AEA enviou a um par de técnicos á Arousa, entrevistou a posíbeis clientes (igual vos fixeron un inquérito pola rúa; eses eran), e analisou o movemento de tráfico rodado no Paseo.

Conclusión: o local, para libraría, case mellor que non; para tenda de electrodomésticos, demasiado grande; para perrucaría, moi venteado (alá van as permanentes!); para hiper, moi esquinado; pero, oe, para gardar dornas, boísimo!!

E isto foi o que inclinou a balanza ao noso favor, puidemos descruzar os dedos, e aledarnos porque xa temos onde gardar os barquinhos.

Estade pendentes para o día da mudanza.


2 comentarios:

  1. Noraboa a toda xente da ent dorna,xa temos cova,refuxio ,galpon...a pero....ai, o pero dos galegos que perigo ten..cando xa moitos despois das ultimas rejatas ,das pachangas e cenas estaban co ghaban posto e engruñados co frio a espera do nadal, zas ,aparese o traballo ,fora ghabans ,poñede a man roupa lixeira que temos que meter dentro todos os barcos do bau , e todo material de vilaxoan,esta ponte da constitusion temos que gardar os que estan a intenperie polo menos, asique ollo os guasaps e mensaxes .vicos mil ..SALVA

    ResponderEliminar
  2. Hoooola ,son outra ves o mesmo,nada que quedamos maña venres e mais sabado as 15,30hr.no bau pra gardar barcos no novo local,fasemos falta todos,... si podes vir avisame o movil pa orghanisar a cosa comedevido.,veeeña non ai mais vicos..SALVA

    ResponderEliminar

a falar a xente se entende