...se non heite de rachar[e]
que me custaches os cartos
axúdamos a ghanhar[e]
E houbo quen ghanou ben deles, houbo!
Onte, a sección de korosi dansas da ACD DORNA tinha convocada à toda a poboación ao seu primeiro Certame de Pandeireta. E tanta poboación acudiu ao chamado que o Auditorio da Arousa quedou pequeno e quedaron às portas máis de 50 persoas, como nas mellores tournés dos Rolling Stones. E como nesas tournés, houberon de sair fora as estrelas para botarlle às fans decepcioadas un par de maneos e tres rumbas.
Entretanto, dentro do Auditorio todo estaba a punto:
A canteira da asociación termando do edificio. Hai futuro! |
-ai nena, que queres ser de ghrande?
- Bombeira!! |
@s demais non sabemos, pero David é un grande gaiteiro... |
Venha para o escenario! |
Exerceron de xurado Eva Blanco, Pilar Gonçalves e Mateo González.
Participaron os grupos Xeitura, A Freiría de Baixo Miño, Fouliada
de Mazaricos, Herbameira de Noia, Lina e Lola do Morrazo, a Escola de
Muiñeira Cantigas e Agarimos, Mar de Arousa de Bamio, Tarambainas de
Vigo, Xirandaina de Santiago de Compostela e Volandeira. E claro, elan estrelas e pechando ao grande, a ACD Dorna [as Correolas non fomos porque tocamos na clandestinidade da ESO].
E quen ganhou?
Pois xa o nome o dicía, as Tarambainas, que algho hai que selo para conseguir só con voz e ferrenhas que a xente queira bailar... en segundo lugar quedaron as Cantigas e Agarimos e en terceiro as Xirandaina.
Todas elas ganharon os cartos que lles custou a pandeireta...
As demais, non ganharon, mais como se axudaron de companheirinhas leales, non quedaron nada mal[e].
Imos indo... |
Ningún comentario:
Publicar un comentario
a falar a xente se entende