Bitácula da Escola de Navegación Tradicional da ACD Dorna, Arousa.
domingo, 13 de marzo de 2016
Imos con xeito!
Esta semana houbo actividade polo local do Naval e polo varadoiro do Chufre. Como non choveu nada, nunca, apareceu quen destonase paus. Chegadas o venres a acabar o traballo, estaba máis que rematado:
Pau novo, tona, pau vello.
Another pau in the varadoiro.
Como por agora no Rei do Mar non podiamos traballar, que andaba o mecánico a arranxar o motor, pasamos à segunda fase: pintemos a Nova Marina...
É ese o ghalpón das dornas que nos prometeu Lousán?
E alá fomos para o Naval...
Ai, como estaba!! Todo manga por ombro!! Antes de pintar hai que arrumar!!
- A que máis ocupa é a Salgharita...
- Pois com ela para o mar!
- Total, nin dorna é!
- Pois, venha, dálle!
- Coidado! Aí ven o Salva, seghuro que xa nos muda o acordo...
-Nada, nada, se non faciamos nada, só imos subila no remolque para movela...
Sen desempanetar nen baleirar, que somos todas machotas!
A Maruxa si que a larghamos para a rampla. Sitio!!
E deixamos todo a punto para o sábado preparar a xeiteira. Con quendas e todo: pola manhá a sección piraghüeira/gaélica encargouse de rascar un lado (ben, un costado, mais como son piraghüeiros ou gaélicos, perdoámosllo), e o grupo da tarde acabou de lixar e xa lle dou o primeiro pintado.
Barcos tradicionais, aspiradoras tradicionais.
Bate que bate, maionesa!
De proa...
...a popa.
Acompanhando o traballo, como sempre, de fermosas coplas populares:
De verdade, xurámolo! Os ghases da pintura son moi malos do noso senhor!
Sou solteiro e bom rapaz / vivo num apartamento...
Y las fábricas perfumando están,
Todo el aire...
Venha que vai!!
Neghro e lasur dados!
Para a semana, quédavos cortar o branco (se sodes quen, boa a fixo Uxío!), pintar os folios (se alguén acorda os númaros, que os tapamos) e dar patente. Ea! Todo o mundo a traballar (cantando).
Ningún comentario:
Publicar un comentario
a falar a xente se entende