Como xa acabou a crise, seique, este ano na ENT Dorna botamos por fóra. E seguindo as chamadas ao ánimo e à aleghria de Rajoy, argallamos uma superfesta para entregar os carnetes da Escola às novas asociadas.
Fixemos convites, que distribuimos entre toda a nosa xente, simpatizanta ou non, e pedímoslle ao Concello o Auditorio. Como sempre, tan colaboradorinho, o Concello emprestou.
Ghuaue! para ser a primeira vez que faciamos a Gala Podrén, moito público xuntamos!!
Algún era da casa, claro!! |
Encargamos a Lino McGuiver a decoración do escenario, e cunhas nasas por aquí, unhas redes por alá, uns crivos acolá, oe!, deixounos o chiringuito estupendo.
E desde cando o chinchorro ten de nome Mucha??!! |
Unha vez cadaquén no seu sitio, comezamos!!
Para que a cousa fose atractiva e entretida, e non parecese un acto mazador, socias de sabida veteranía e experiencia gravaron uns simpáticos vídeos, que xa publicitaremos na nosa canle do yutú, narrando anécdotas e sucesos curiosos acontecidos na historia da ENT Dorna.
Téibol lembrounos aqueles tempos en que era xuiz de regatas, e tantas
ofertas recibía de viaxes ao Caribe e cruceiros polo Mediterráneo por
descualificar unha dorna ou adiantar outra. Aaah, ben puido facerse
rico, e non quixo.
Entre bateas! |
E falou George, de como chegou de Ghana contratado pola Dorna Real Team para patronear a Faneca, e como quedou na Arousa para sempre, apaixonado das súas praias e fresquinhas augas.
E máis vídeos... |
Outro estranxeiro, este chegado de Inglaterra, Carlos Blanco, contou como chegou à Arousa, cando aínda era reporteiro deportivo na Radio Galega, para retrasmitir a XV Volta à Arousa. Narrou como a planeadora na que seguían a regata engharghallou nas barbas de raposo e acabou a retrasmisión desde a Estela, que daquela ía de novena, miragre! Moito rimos cos seus contos!!
Claro é, os podréns mereceron un protagonismo especial: eles tinhan que, vestidos para a ocasión, demostrar, presentando a Gala, se merecían ou non o carnete de socio.
O Marquitos e o Jose Antonio aínda se saban ben... |
Un deles, o Marcos, andaba dálle que dálle con que era da Arousa de toda a vida, carcamán repoludo. A nós quedounos a dúbida, porque nunca antes o viramos por aquí, porque non sabía o que era a proa nin a popa e porque nin sequera soubo dicirnos por que nome corre a súa familia, e mira que o tinha fácil...
E seghimos a ver vídeos de xentes da ENT Dorna:
Thais contou como foi ela a primeira muller en ganhar unha Regata de Bao, no ano 2010, despois de aparellar a dorna Reghalada en 28 segundos e pasar na ponte à Jalerna e à Nécora. Aproveitou para levarnos ao Obradoiro de Memoria que coordina, onde as vellas glorias da Arousa contaron daquelas Regatas a Remos dos anos 70... ai, tempos!!
E chegou o momento importante: o de retrasmitir a proba final do curso de iniciación à navegación tradicional. Aprobarían estes rapacinhos novos?
Pregunta 5: que tipo de embarcación é a Nova Marina? |
Herr Direktor por fin se dignou a sacalos do apuro: foi repasando erros e acertos do exame (que o que hai no escenario é poliéster, podréns!!).
- Aínda non vos quedou claro o que é couso e meo... |
Porén, como a noite foi divertida e Kevin e o Puskas puxeron da súa parte para dicir con e non penedo, decidimos darlles os carnetes e admitilos na familia dorneira.
Entrega oficial dos carnetes correspondentes ao ano 2015. |
Aínda pasaron máis soci@s da ENT Dorna polo escenario, pero como chegadas a este punto non temos máis fotos, que aquí o cámara nos botou a bronca, pois demos por acabada a I GALA PODRÉN.
Para o ano, máis (se a crise é verdade que acabou)!
Ningún comentario:
Publicar un comentario
a falar a xente se entende