Este xoves pasado a rotina re-instaurouse e sacamos as embarcacións grandes a dar un paseo. Entraba unha borrasca e a tarde foi parecéndose un pouco àquela da Manife Marítima do Areoso: da case calma ao vento fresco. Tomamos un ris e non pasamos do Campelo. Ordes do dire (e da caghona da blogueira)!!
Non vos fixemos fotitos, porque como o nível de medo era 6 sobre 10, non tocamos o móbil. (non nos fiabamos nada do patrón nin do patronsinho).
Cando voltásemos da navegación as instrucións eran claras: varar os barcos.
|
Os barcos instalándose ao Bao. |
|
Si, ESE barco é o Rei do Mar, por se non o sabedes. |
[E non. Non é que a blogueira meta os dedos onde non debe...]
Os barcos quedaron varados porque necesitaban unha boa limpeza.
|
Pois a verdade, moi porcalleiros non parece que estean... |
E chegou o venres. E a tarde estaba un pouco murcha.
|
E non navegamos. Limpamos. |
|
Ai va! Como está a obra viva!! |
|
- Déalle, abuelo, que vai ben! |
Os barcos, antes de ir ao Cabo de Cruz, non estaban así. Que raios sementades na banda do mar?
|
A Peza de Rabo tamén estaba bonita... |
|
De mexas estaba cheos os barcos. algunhas nunca tal víramos. |
|
As mexas foron da madeira para a praia... :( |
|
Seique andan sempre nas bateas, sobre todo os anos en que a auga está máis quente. E cando os mexillóns máis estercan, suponhemos.
|
E acabou a tarde, e os barcos dormiron limpinhos... |
Ningún comentario:
Publicar un comentario
a falar a xente se entende