martes, 10 de marzo de 2015

herr president; navigatore te salutam!

A imaxe é de Martina Miser, e ben bonita que lle quedou.
Ao herr direktor non lhe chegaba. Non acababa de estar contento co nivel de respecto que lle tiñamos a marinharía da escola de vela. Quería máis. E furou. Furou furou furou e agora xa non é nunca máis direktor...

Desde este sábado é o HERR PRESIDENT de todo: dornas a vela, xadrez, baile, música, baloncesto, fútbol gaélico... TODO!! E di que temos que sair dos sofás, co que nos gustan...

Hoxe entrevistárono no xornal La Voz de Galicia. E respectáronlle a lingua (miragre!). Podedes lelo aquí.

Ave Salva, navigatore te salutam!! 


1 comentario:

  1. Xa sera pa menos a cousa....o asunto e que pa este tipo de carjos nunca se presenta nadie ...e non estabamos dispostos a abandonar o barco por falta de quen o patronee...e xa vedes .tocounos....malo sera .contra os cons non vamos a ir....dar as jrasias pola asistensia masiva a asmbleia pa dar apollo e esas cousas que fan falta pa unha cousa destas e .que non pase outra .jejeje...nada .vemonos por eses mares

    ResponderEliminar

a falar a xente se entende