Aínda que algunhas debecían pola chuvia para non ter que armarse de roupa de augas e ir traballar, a tarde de onte recibiunos así de espléndida...
Até Vilanova brillaba alá no leste. |
...e non houbo máis remedio que acudir à convocatoria da escola.
Na sala de reunións repartíase o traballo. |
Tres grupos de piquetes: a piqueta de Testos, a piqueta do Rei e a piqueta da Hatchery.
A piqueta do Rei non sabemos moi ben que ía facer. O galeón está no Cabodeiro e coa que caiu estes días como mínimo habería que achicarlle a auga...
A sección de Testos, a aplicarse à carpintaría!
En Testos, despois de moitas limpezas, xa descansan algunhas dornas. |
Porén, a humidade é tanta, que para que non apodrezan co baloro, decidimos que as xanelas para algo eran útiles, e que era bo reabrilas. As carpinteiras deixaron todo listo para colocar unhas novas nesta semana que entra.
Unha das xanelas que vai dar ventilación à mini-.nave. |
Entretanto, o grupo de Quilma adicou a tarde a preparar unha seneira para secar as velas, que parece moi simples, mais non o é tanto...
E para que imos subir às alturas un adulto, habendo menores de idade... |
Tendendo a roupa... |
System failed: as tubaxes non resisten. E volta e dálle! |
Mais ao final, funcionou! Ao ritmo do Himno do Antigo Reino, velasarriba!! |
Para isto dou a tarde do sábado. Os días do outono son curtos e non dan para grandes obras. Acabamos pedindo papas e saindo dos locais às apalpadas...
Xa era noite en Quilma cando marchamos... |
E para a semana seique toca ir a Vilaxoán a recoller os restos da nosa estadía invernosa alá. Estade atentas às convocatorias de Salva.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
a falar a xente se entende