xoves, 31 de outubro de 2013

Unha axudinha, polas almas das dornas que van alá!

Manhá é dia de defuntos e já volo damos libre, para que limpedes os panteóns, arranxedes crisantemos e hortensias e deixedes as lápidas niqueladas, que diría o Bichero.


Mais o sábado 2 de Novembro pasade tod@s para a Arousa, único lugar das aforas do continente onde non hai nin Jaloguín nin Samaín senón Día de Pedir. Pola manhá levade o voso saquinho polas portas, a ver se alguém vos ve cara de meninh@s trastes, e vos dan algunha gholichada "polas almas dos defuntinhos que van alá".

Pero às 16.30, fora limosnas e todas para o Bao, que boa falta fai unha axudinha, polas almas das dornas que van alá. Temos que arranxar cousas no Bao, en Testos e na Hatchery, e nesa hora comezaremos a organizar-nos.

Terrorífica vai ser a tarde!!


2 comentarios:

  1. iremonos repartindo pos tres sitios,os que chejedes un pouco mais tarde,chamademe o movil pa vos desir pa donde ides...salva

    ResponderEliminar
  2. mimá! e nom chove muito para andarmos a trabalhar??

    ResponderEliminar

a falar a xente se entende