xoves, 9 de xullo de 2015

Encontros no Cabo 1: a armada carcamá

Os Encontros, en si mesmos, son como uns encontros na terceira fase, na que uns seres estranhos de súbito se aparecen na vila tranquila e saen deses estranhos OFNIP's [obxectos flotantes non identificábeis co poliester] e por un fin de semana ocupan os bares e os pantaláns [sobretodo os bares] até que o virus remite e fica latente durante dous anos. Encontros destes levamos doce: somos expertas navenígholas!

E este ano tocan no Cabo da Crus. 

Unha das cousas que máis adoramos dos Encontros son as travesías para chegar a eles: pasar Sagres e Corrubedo para dar en Muros ou Outes, superar a boia encarnada de Punta Faxilda e o Cabicastro para acabar en Combarro, en Bueu... 

Este ano o repto... tan lonxe... tantas horas de navegación... tan aí: este ano o caso era levar todos os barcos navegando!! E levar moitos!! 

Sairon unhas do Cantinho, outras do Bao...
MIMÀ, Cacho armada a da Arousa!!
A chegada foi rápida. Às seis e media xa estaban todas alá... Unha travesínha de nada. 

E as grandes foron para o peirán...
E as "pequenas" foron para o pantalán...
Arombamos todo ben arrombadinho...
Porque hoxe era o día inaugural. Xa sabedes. Tocaba iso que tanto adoramos na ENT Dorna...

Practicar a subida de vela ao son das ghaitas...
Unha vez alistadas as embarcacións...

Marchamos, que temos que marchar!
Non, sempre hai unha razón importante para marchar: buscar comida!

A sagrada Cea: ensalada de pasta e caldeirada de peixe!
A motora xa podía voltar para a Arousa:

O Rei do Mar voltando a casa.
Porque si, a falta de travesías de 10 horas e ghomitos, nestes Encontros no Cabo, o que vai haber novamente no Mar da Arousa é unha motora a cruzar o canal. Ea!


As fotos son de Héctor, Salva e Belén. 

 

mércores, 8 de xullo de 2015

Imos!!

Xa está, xa chegou o XII Encontro de Embarcacións tradicionais de Galiza, no Cabo da Cruz
Manhá parte a representación da ACD Dorna nesa longa travesía que será cruzar o canal. 
Quedamos às 15.30 horas no Cantinho, onda o galeón Marichalar Rei do Mar, para organizar o traslado.

As que non venhades, podedes vir con panos brancos para nos despedir ;)

Os adeuses, de Alberto Martí.


domingo, 5 de xullo de 2015

Que inchadinha branca vela!

O ano pasado ameazamos: 
Preparádevos, que para o ano, levamos a rebarbadora e dona Rosalía vén con nós para gozar do inchadinhas que ían as velas...  
Pero como dun ano para outro non relemos as entradas deste bló, pois deixamos a rebarbadora na casa e non cumprimos a ameaza. Pena, porque Rosalía había pasalo ben mellor a bordo dunha dorna que agardando por nós no Espolón. 

As nosas dorninhas xa case saben subir soas. Algunhas foron navegando nos días anteriores. Outras decidiran ir de remolque no mesmo sábado. Todas combinaran para xantar en Vilarello. 

As primeiras en chegar... por terra...
E xa un montinho delas agardando o AVE...
A saída estaba prevista para as 16.00 horas. Sabedes (e se non contámosvolo) que no río dependemos en boa medida da maré. E bo adaptarse a ela para navegar, subir canda ela e baixar cando corra para fóra. E a Padrón hai que chegar coa chea, porque senón o río, que xa é máis Sarinho que Sar, queda case en seco, e os temóns entérranse na lama e as quillas no argazo (e non contamos isto porque non nos tenha pasado nunca, eh).
Enfins, que saimos às 16.00.

Alehop! Dorna ao río!!
As convidadas deste ano tinhan tanto medo que quixeron deixar probas de que embarcaban, non fora a ser que chegásemos a Padrón sen elas e coa famosa frase: "ai, na dorna iamos nós soínhas".

Alcalde, anotado, Najla, anotada, Pepe Domingo, anotado...
E nada, a navegar!!

Partiu!!
A ghalerna, ben se ve, era brutal.
As dornas foron levadas pola maré e um vento en empopada que facilitou a subida. O que non agardaban era dar cun estranho fulgor entre as caniveiras xusto ao virar na primeira volta do río...

Ai, caralla! a patrulla da Guarda Civil de Tráfico Dorneiro!!
 4 puntos perdeu a Roxinha por non levar a bandeira real! E 2 a Bazarra por usar estabán de polietireno expandido!

Xusto despois da multa...
As que safaron, moderando a velocidade.
O Ulla é largo e alleo até que encara a boca do Sar. Nese momento estréitase o carreiro e aparecen as pontellas todas e se o vento enreda as velas, a navegación é máis complicada.  Desta vez, o vento acompanhou e permitiu un travesinho até que os paus foron altos demais para tanta ponte. Non é o Sar para dornas (a vela).

Semellando leve gasa que sotil o vento move...
E foi o río un caminho...
... E Najla emocionouse e botoulle o Caminho Branco a Santi e Parada na Forza R ;)



Ai, Viva Rosalía!

Son xigantes? Son muínhos? Son dornas!!
Por fin chegaron as velas inchadas!

E xa en Padrón, o asunto: aquilo do que máis gostamos na ACD DORNA: izar velas ao son do Himno do Antigo Reino da Galiza (ai, o día que nos dea por ACDC).

Piiiiru-pirupirupiiiiiru-piriiiiro-pirupirupiiiiiru
Pooooru-poruporupooooru-porooooro-poruporupoooooru
E despois, remos arriba, isto é un atraco acto de homenaxe!

Rosi, agardando a chegada da rebarbadora...
- Eu tamén navegar... -queixábase polo baixo.

Anxo Angueira, tan abalado que estaba, o bon Anxo na oíra...


As fotos roubámolas no feisbu e no tuicter da Fundación Rosalia e de Dorna. Algunhas son do Doutógrafo @eduardorivo, outras de @marcosDoegal, outras de @AreaSantiagoTmo, outras de Rocío Castro e outras de Xoan Xosé Vicente (ai, se nos falta alguén ou non queredes que usemos as vosas imaxes, avisai!).

sábado, 4 de xullo de 2015

Inchando as velas

Ou non!

Porque a verdade é que vinha un vento do sur tan forte, que nin as velas había que inchar. 

Os senhores do Festival do Norte deberían darnos unha chea de abonos para os concertos, polas molestias que nos causan. Hoxe mesmo tinhamos que cargar dornas en remolques... ah!, non podiamos pasar à praia da Canteira, que estaba todo reservado para os indies e as indíxenas (e achegadas con visado) non podiamos circular libremente, ai ai ai!

E como manhá hai que subir o río desde Vilarello, mentre algunhas Roxinhas e Rosalías subían levadas polo vento sur, outras dornas boghaban até o Cabodeiro para poderen ser  cargadas en remolques (xa llas faremos pagar a Faber e os seus amighos artistas...).

Uns bogaban...
Outras agardaban.
 Un día precioso para navegar, dixo herr direktor, que ten a medicación moi alta de máis.

Preciosirmo!!
Non había mar nin nada!
Pobres das dornas a tombos na rampla!!
Fomos cargando embarcacións, algunhas mellor que outras...
E non imos contar aquí as aventuras da Sapeira... 

Digamos só que conseguimos cargalas todas...
E levalas ao Naval... Alí as gardamos até manhá às 10.00, en que sairán directinhas a Vilarello. 

[E a próxima vez que peguedes un cartaz no portalón, tende coidado coa colocación da cinta...]

Quen tapou à minha Lolinha!!
[e non ocultedes aos cónxuxes ou cónxuxas das dorneiras. A ver que vai ser isto!!]

Para as indies do Festival do Norte e as Madrilenhas do Centro, deixamos unha mensaxe clarinha. Que non se vos ocorra aparcarnos na porta!!

Bon, Nolito, ti podes!!!

Vémonos manhá ao pé de Rosalía!!


Festival do Norte

... que se celebra na banda de sur... 

onte pasamos polo peirán do Campo. Ouh, catro paus!! que pasará?!

Unha xentinha e tres galeóns
Achegámonos sen moita intención, só por rexoubear, e vimos que un dos barquinhos era noso. 

O Rei do mar!!
Nin idea do que facía aí...

Nin sequera vendo o patrocinio o imaxinamos (andabamos parvas)
Fomos tomarlle un algho, que tampouco é cousa de andar todo o día a traballar e, cando voltamos pasar polo Tombo do Campo, notamos que algo diferente acontecía....

Había navegación? E nós sen sabelo!
Arré, canta xentinha para embarcar!! Irían a Sálvora? A esas horas?
No Komaira andaban moi dispostos!!
Asomamos o nariz, cheiramos e... sorpresa!!

Había música!!
A verdade é que quedou un palco xeitoso co Presioso...
Iso si, o logo de Dorna, sempre do revés!
Foi agradábel escoitar música no luscofusco
E parece que as músicas tamén gozaron...
Atendendo ao asunto, veunos unha idea de futuro, que terá que desenvolver Marcos Nine:

E nestas brancuras non poderiamos proxectar cine??

venres, 3 de xullo de 2015

Moito ruído e pouca noz

- Xa están aí os Encontros e a buceta sen pau...
- Que lle falta?
- Hai que acabalo; está sen noz...
- Pois co tempo que levas en Dorna ben podías facerllo ti, que xa tes unha edá...
- Iso non mo dis dúas veces!!

- Búscalle o xeito ao pau...
...faille un burato como o do pau vello...
...e dálle à escofina!
até que a noz encaixe...
Podes ponher pasantía mentres martelas
- Sodes un esaxerados!

Tampouco era tan difícil!!!