Non pensedes que porque non pasamos polo bló non facemos nada. Que va! O outono é unha época ben intensa que dá para todo, para sol e para chuvia, para calma e para cicloxénese temporal, para saídas e quedadas... Iso si, a cada tarde nótanse máis os días e vemos o verán ir alá...
O outono dá...
...para varar as embarcacións cando chega a surada... |
...e armar tertulias no medio da ría... |
...para subir dornas no medio da chuvia... |
...e boghar na calma, podre, tan podre... |
...para devolver un trofeu ao alcalde do sur... |
...e traelo de volta na mesma semana... |
...para ir levando dornas ao Naval... |
...e outras a ghanhar trofeus... |
... para trasladar as embarcacións grandes ao refuxio invernal... |
...despois de pasear nelas bretóns acompanhadas do Presioso... |
...para seguir levando dornas ao Naval... |
... e controlar os choques internos... |
...para navegar de día... |
...e navegar case na noite... |
...para gardar a Nova Marina... |
...e o Republicano... |
...mesmo dá para convocar multitudinarias asembleas!! |
...dormen as dornas calmas no local Naval. |
E con elas o remolque o o motos da Luxitana, pois o outono tamén deu para ir buscalos a Sevilla Huelva Espartinas e traelos para as augas do norte, para as tardes nas que xa se notan os días.
a mais de mil kilometros , serca de sevilla , nun pobo chamado espartinas , ten a casa un dos nosos , socio de dorna , amigo das embarcasions tradicionais e tamen amigo meu , francisco javier gonzalez o dono da lusitana (que xa leva con nos mais de dous anos) , conosido por moitos de nos por javier o de huelva .Este pasado fin de seman fun a darlle unha visita , e pa cumplir co encargo que el me fixera de traer o rermolke e o motor da lusitana .....si , a mais de mil kilometros , topei unha persoa que no fisico casi non a recoñesia , pero a sua mente clara , intacta e lucida como sempre tuvo , estaba perfectamente ,,,, unha persoa pendiente de que unha makina lle meta aire a presion nos seus pulmons , que depende de unha "tablet" pa poder falar , vai e escrebenos "SI VIVO ES GRACIAS A DORNA" .......A, mais de mil kilometros , na sua sala de estar , convertida en dormitorio , cada ves que se incorpora pa mirar o noso blog DORNAS COMA AREA , o telexornal da tvg ou o partido do barsa , encontrase con vintetantas maquetas de embarcasions tradisionais , donde non faltan dornas, gamelas,a nova marina , o rebello , a laranha , o novo sofia e moitas mais que non me veñen a cabesa , si , nese espesie de santuario de barcos tradicionais , unha persoa pendiente dunha makina pa respirar , e , a que che da alento pa seghir loitando polo que el di , unha das cousas polo que vale a pena seguir vivo , a cultura mariñeira e os seus barcos,,,,,,,,,,,si , a mais de mil kilometros deixin un amigo loitando nuha batalla que sabe que non vai gañar , pero que non ten pensado rendirse mentres teña algo polo que vivir , e parte de esa ansia somos nos , todos os que formamos a ENT DORNA ,,,,,,,grasias javier por ser como eres , abrasos de todos
ResponderEliminar