O sábado pasado, como xa avisamos por aquí, o galeón saiu da Arousa para remolcar a Nova Marina até os locais da Aixola, para pasar unha boa ITV durante este inverno e voltar na primavera con folgos renovados e ansia de navegación.
A quedada foi ás 8.00 da manhá.
|
Ninguén no Cantinho... quen, un sábado a esas horas!! |
|
|
|
Armando o foque mentres sae o sol... |
|
|
Santi recolocando o amarre da xeiteira... |
Pois ben, a viaxe bateu todos os recordes mundiais de velocidade nas categorías de galeóns remolcando xeiteiras e galeóns a secas....Iso que aínda estamos aprendendo a levar o galeóns e axustando todos os chismes que leva abordo...
|
Probando a colocarlle a vara de portar na maior.... |
|
Caminho de Ghidoiros coas velas vellas (as novas son para o verán). |
|
Co sol xa subindo, o galeón chegou a facer os 8 nós de velocidade. |
|
E como hai toxina... os luns ao sol! |
A forza do vento facía complicadas as maniobras e as comunicacións. Menos mal que no Rei do Mar contamos con un tecnoloxizado sistema de walkie-talkies aínda sen homologar:
|
Ei, que imos a todo flispín! Arriade escota que comemos os salseiros todos!! |
|
Que dis, que non che escoito?! |
|
E, sen darnos de conta, xa pasabamos Tambo! |
|
Aínda non eran as 12 e xa estabamos en Marín. Record mundial!! |
Alá deixamos as xeiteira, a ver se volta ben fermosa e recravadinha.
E claro, à volta, sen o lastro a velocidade foi máis alta, case ao nivel dunha planadoira. Iso si, a saída veuse atrasada debido a unha asemblea improvisada. Mais en canto a cousa está clara, cacho equipaso!!
|
Cada vez que hai máis de un patrón abordo, sométese a votación até como amarrar un cabo. |
|
Parecen tal cual unha tripulación da Copa América, cada cal ao seu e todos a unha! |
E en moi pouquinho tempo, apesar de que na ría o vento sopraba en contra e houbo que arriar as velas, outra vez a casa! Aínda non eran as 16.00 da tarde. Velocidade total!
|
Para o ano, colonizamos Rúa, que nos queda aí a man... |
As fotos todas son de Bea. E foi moi difícil, máis conseguir encontrar algunha imaxe con marinharía e barcos entre tanto retrato, primeiro plano, panorámicas e planos detalle de Nela, a licántropa. Porén, conseguimos facer a reportaxe sen ponhela unha soa vez :D
Ningún comentario:
Publicar un comentario
a falar a xente se entende