mércores, 13 de novembro de 2013

A revisión das 30.000 millas

A xeiteira Nova Marina pasa un pouco dos 20 anos, o que non é nada para unha lancha xeiteira. Mais tamén é certo que ten gastas as rodas, sen mudar a correa de distribución e sen actualizar o software da cadeira. É dicir, que hai que restaurar a quilla e recravar boa parte das táboas, que despois de tantas travesías e navegacións andan murchadinhas de todo. 
Este é un traballo que excede as capacidades da ENT Dorna, sobre todo tendo en conta que estamos a falar da raínha das embarcacións tradicionais galegas, DA lancha xeiteira por antonomasia. 
Por iso, toca ir ao taller. Nada máis e nada menos que à Escola-Obradoiro Aixola, de Marín, onde ponherán a xeiteira como unha rosa.

ATENCIóN

O sábado 16 de setembro, às 8.00 horas, sairá do peirán do Cantinho, un galeón de nome Rei do Mar. Levará remolcada a xeiteira e terá como destino Marín, unha ría ao sul e ao fondo. 

As que queirades participar na travesía outoniza, enviade aviso a Salva, através do telefone da escola.

Non todo son reparacións: a pintura e os sins están novos do trinque!

2 comentarios:

  1. Saludade a Santi en AIXOLA da mina parte. Jorge o da Pintora ainda en Florencia

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. asi o faremos Jorge,unha aperta chaval,coidate..Salva

      Eliminar

a falar a xente se entende