martes, 1 de setembro de 2015

A todo flispín!!

A todo flispín pasa a tempada de verán, pero na ENT Dorna continuamos con actividade.

Onte era tarde de cursos, como sempre...
Puxemos en marcha varias modalidades, cada unha co seu diploma correspondente. Nunha banda da praia da Canteira, clases de boghada:

- Bogha de meo, cea de couso!!
- Que dís, ouh? Non tinha que remar?
- Ai, rumo de colisión!!!

Noutra banda a última clase de Ana e Javi, chegados de Aldán para aprender con nós (alí hai demasiadas bateas polo medio, seique).

Arranxando os problemas de temón...
E entre unhas cousas e outras, os patróns arghallando chismes e tróqueles...

QUE FAN OS DOUS XUNTOS NO MESMO CHINCHORRO??!!
E se dan quillarriba? Quen vai dar clases? E se afoghan? Quen dirixe a Escola? E se mallan un cabo? QUEN VAI AO RESCATE?

chan-cha-chán-chan-cha-chan-cha-ra-rán (música de supermán)...

SuperSu, blogueira ao rescate!!
Porque onte tamén houbo clase de pilotaxe de planeadoras.

Alumna ben disposta e mestre...
 Primeira lección, aprendida da Volta Podrén:

Dálle máis ghasolina, toma máis ghasolina!
E despois...

Para que fotos, podendo editar un estupendo titorial deses da internés?




Unha vez que aprendemos a pilotar, a traballar!! Levar ao lesionado lesionador atrás da Caramecha para titorizar a última clase.

Bah, a cousa vai ben!
Pero se saben ir sós sen problema!!
E ben lonxe!!!
Como tinhamos unha parella de alumnas autónoma de todo, a aprender a aparcar atracar.

Perfectamente abalroada ao galeón (o seguinte!)
E a proba da viaxe:

Recollendo a bandeira...
Chegadas a terra, acaban as clases. Diploma ganhado!!

Que conste: planeadora sá e salva!!

II Volta Podrén, segundo intento...

O sábado, como non había regatas nin encontros oficiais na redonda, convocamos, outra vez, a II Volta Podrén. Xa sabedes, a intención, dar a volta à Arousa SEN PRESAS, CON CALMA, nada de andar a todo flispín unhas atrás das outras por ver quen lle saca o posto à de diante. Noon, calma, agardarnos, acompanharnos e parar nos chiringos para tomar o vermú, a tapa, o bocata o café e os pinchos... 

O plan era ese. E cumpriuse, abofé. 

Unha volta con calma...
Con mooooooita calma...
Na Escola de Navegación Tradicional somos xentes afoutas e botadas para diante e, sen agardar que calmase tamanho temporal, saimos igual dispostas a velear...

Nin a seca impediu a saída.
A navegación, visto que o vento sopraba fresco de sur, como vedes nas imaxes, foi cara o norte. A primeira parada marcada, o Cabodeiro, para o primeiro café. Alí chegamos, e estaba ben bo. A verdade é que coas tronadas que nos cairon de caminho, agradecimos poder tomar algo quente...


A forza do vento sur impedía pousar nada sobre a tilla...
Pasada a punta do Furado, puxemos rumo ao seguinte punto de parada: o Cantinho, para lle ir tomar o vermú à Festa da Ameixa.

Calculando a entrada entre os bateeiros do Chufre.
O tempo botabásenos enriba. Menos mal que levabamos o vento fresco a favor! Velas arriba e directas cara a illa de Rúa. Ai, os bistés de Loli agardaban por nós!

Ei, non marchedes coas cervexas!!
Canto falta? Temos fame!!
Xantamos en Rúa (somos respetuosas coas normas e no Areoso non podiamos desembarcar con Nela). E despois tiramos para punta Quilma, onde é moi importante que o concello adxudique un chiringo, que se non non nos cadran as etapas.

E deixamos Quilma para continuar cara Xastelas...
Pasado o Carreirón, parada no Cocobao para a merenda...

E o Bao e a pasante xa na proa...

Puri calculando a correntada da pasante...
Ao final, o imprevisto. En chegando á escola novamente, despois de todo un día no mar, houbo que dar remolque...

Remolque inverso, chamámoslle.
Salva-ndo ao Salvamento :D
O máis bonito da Volta Podrén? 

Que sempre empatamos!!

Algunhas igual pensaredes que as dornas non deron moitas voltas e que, ou non pasaron do Campelo ou non temos nin idea de xeografía carcamá... Pero nooooon, é verdade que demos a volta!!


As fotos son todas de Bárel, menos unha. 

 

sábado, 29 de agosto de 2015

Festa do Deporte: a tarde

...e o Ghuendighurú tinha razón, aínda que às dúas da tarde parecía que nos ía sair mentirán. É dicir, que a tarde estaba bonita para navegar e puidemos recibir e atender a todas as nenas e nenos que quixeron probar isto da vela tradicional.
Antes de nada, varamos as embarcacións grandes, para achicarlles a auga de tantos días de chuvia e darlles a freghada de rigor (se algún neno se portava mal ese era o castigo...). 

Só que vinhan un pouco rápido de máis....
Menos mal que andaba por aí o Suso...

Páralo, Paul!!
Outras tiveron máis delicadeza e usaron o travón musical...

Para Pachín, Para Pachín!
[como é o día para nen@s, facemos chistes infantís ;) ]

Na Festa do Deporte levamos a navegar a nenas e nenos menores de 12 anos (as que pasan da ducia xa poden vir calquera día) para que se fagan unha idea do que é a navegación en dornas a vela. Tenhen que saber todos os traballos, todos.

O primeiro: achicar!
Despois chega o importante:

En cal queres ir?
Decidirse é complicado...
Pouco a pouco, a medida que chegaban nenas, fomos enchendo dornas...

E racús...
Na Caramecha co último mohicano.
E a Salgharita armada con doble canha...
No mundo adulto igual non o sabedes, pero a verdade é que algunhas navegamos no único barco con nome de pediatra: a Buceta (cousas que aprendes paseando minchas). 
Pasa no ski e na navegación tradicional: as crianzas aprenden antes que as adultas!!

Levan a canha cos ollos pechados!!
E van a vela nun nada...
...mentres os expertos aínda andan a ostaghar...
A primeira orde de herr direktor foi a de navegar coa forza motriz de biceps e triceps (e un algho de trapecio): boghando.

E dar un paseínho entre dornas
- Nooon, como na piragua nooon!

Pero cansamos, a tarde estaba agradábel, non ía moito vento e as nosas nenas eran valentes e ousadas. 

Preparamos a vela para darlle emoción ao asunto.

Isto é outra cousa!!
Ben, a verdade é que non houbo moita diferencia...

Aburrímonos bastante...
E non sabiamos como raios gobernar a buceta pediátrica.
Boh!, un rollo aburridísimo!!
E máis cando nos encheron o barco de polizóns!

Un horror! Non cabemos!!
O temporal de vento amedou à tripulación...
Ai, si que é aburrido navegar...
E sendo tan pequenos nin drisar poden...
- Case que mellor imos para terra. 
- Si, si, por favor! Non aguantamos máis a bordo!
- Pois teremos que pedir remolque de planeadora...
- Si, si, isto é insufríbel. 
- Xa veremos se voltamos algunha vez!
 
E fuxiu toda a rapazada! Toda!!
- Non, non, non me deixedes aquí!!
É pena, pensabamos que esta tarde na praia da Canteira conseguíramos canteira para a escola, mais marcharon todas as nenas e nenos con cara de poucos amigos. 

Seguro? 


Se algunha mamá ou algún papá non queredes que as vosas crianzas saian nas fotos do bló, avisade que as retiramos (esquecemos preguntar pola tarde).