xoves, 26 de febreiro de 2015

Nova tempada e nós a velas vir

Que xa vos avisamos que voltabamos!!



Que di her direktorr que temos que quedar o sábado 28 de febreiro às 17.00 horas no local do Naval (aquel que iamos estrear no 2015 está sen comezar...).

Que di que temos que falar da nova tempada, de como organizarnos, de que dornas retiramos da competisión e de cales enviamos ao desguace, e 

ATENCIÓN!!


de a quen lle tocan as VELAS novas, como esas da foto, que ten a escola este ano. Unhas velas ultramodernas, de última xeración, confeccionadas en high-turbo-loning, e que van deixar en evidencia á Nécora e a Josefa. EA!

Pois iso, que nos vemos o sábado, e mentres preparamos a lixa e a rasqueta, comentamos os disfraces e as comparsas...


Ningún comentario:

Publicar un comentario

a falar a xente se entende