xoves, 3 de xullo de 2014

Festival de Norte

Hoxe non iamos sair cos barcos grandes. Faltaba patronaxe, a pesar de ser xoves. Mais, ao lonxe, chamaba por nós unha musiquinha, e dixemos, bahh, imos ver como tenhen montado o choio ese do Festival do Norte...

O Festival de vento Norte, tirando a nortón, non desmerecía os ensaios no Aghiuncho...Xa o di o refraneiro tradicional:

Se os do kite navegan, é que hai vento coma area.
Embarcamos no Rei do Mar con Lino como patrón maior e Calixto como titulao...

Aínda sendo maioría podrén, subimos ben as velas...
...aínda que deixamos em paz a mesana: sobraba vento.
O mestre a dar explicación a unha clase ben atenta...
- Navegamos contra o vento e a deriva é forte, así que teremos que facer varios bordos. Nos cambios de vela, non arriedes o foque até que lle venha o vento pola outra banda, que senón o galeón non vira. Cando eu avise, arriades en toda e cazades os da outra banda...

Proa a Vilanova?
Isca de aí! pasa para a Arousa!!
Atendemos tanto a como había que facer o cambio no foque, que esquecemos como se facía na maior. Nunca hai fotos das maniobras, porque aí temos que botar todas unha mao. E tanto a botamos algunha, que case a arrancamos coa escota. Dábanos tanta pena arriala...

Bochas na mao da blogueira aos tres segundos de arriar a escota...
Así que xa sabedes: se foxe a escota, deixádea ir... non deixa de ser un cabo, e mans, só tendes dúas...

Como a mao ardía cada minuto máis, acabaron as fotos e esta crónica. 

E a ver se curamos para a Volta à Arousa, cachis!!!

2 comentarios:

  1. ai cada carallo,,,,,esas mans son do sacho , non fixeras unha casa , compraraste un piso que no piso no nase herbamala , xa levas 1 semana arrincando e aghora mollas as mans no mar e arrabenta todo,,,claroooo e a culpa e toda do rei ,,,e eso que addicou , moita republicana chorona , eso e o que ai,,,,,se foras po rasto po areoso,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,

    ResponderEliminar
  2. aghora nom dissimules... e muito obrigada por suspender a Volta até eu curar de todo!!!

    ResponderEliminar

a falar a xente se entende