domingo, 13 de outubro de 2013

Primeiros apoios mediáticos

Perante a problemática que a ENT Dorna ten este inverno e despois de ser publicitada tanto na prensa seria como neste blogue, comezan a chegar os primeiros apoios de persoas ricas e famosas. 

Ese é o caso de Piolín, o pequeno canario amarelo de cabeza gorda e patas desproporcionadamente grandes, que sensíbel ao tema da falta de acubillo para se protexer dos gatos, non ten problema e enviarnos o seu mais sincero tweety de ánimo desde as redes sociais.

O Piolín durante a súa visita solidaria ao Bao, acompanhado de Lidia.

3 comentarios:

  1. pobre paxaro,non lle quedan nin plumas ,menos mal que lle queda o col0r,esto da crise vai acabar con todos

    ResponderEliminar
  2. Este finde (venres,e sabado) ,dedicaremolo a preparar e limpar os sitios que temos pa gardar algunhas das enbarcasions,os patrons xa levamos toda a semana.estaremos entre o bao,testos e quilma,si tendes pensado pasar pola illa,poñedevos en contacto tlf...SALVA

    ResponderEliminar
  3. O museo da conserva estará cerrado hasta Semana santa. Se deran permiso era bo sitio para gardar bastantes dornas.

    ResponderEliminar

a falar a xente se entende