martes, 26 de agosto de 2014

Travesía Combarro-Arousa: ai, o ventinho do mare...

Este fin de semana pasado, antes de comezar a chover, celebrouse en Combarro a Festa do Mar co seu encontro de embarcacións tradicionais que organiza a xente da Reiboa. A ENT Dorna foi alá, cos seus barcos grandes e a Laverca
Do que pasou venres e sábado non temos imaxes. Sabemos que David e Rubén estrearon os camarotes do Rei do Mar e quedaron a dormir nel e a gozar dum imponente almorzo o domingo. Sabemos que Lino bailou toda a noite as cancións choromiqueiras dos Secretos, e sabemos que na Regata da Pamplina Parada levaba mal enverghada a Peça de Rabo e non dou ganhado. 

Do domingo sabemos máis. 

A xeiteira tivo tempo de dar unha volta a Tambo.
Xantamos na carpa marinheira uns estupendos callos, e hala, imos aló!

Quedamos en sair de remolque co Rei do Mar até a entrada da ría pontevedresa para entrar a vela na nosa nun travesinho estupendo. Quedamos.

Tomando o cabo para amarrar a Peça de Rabo.
Saindo de Combarro con Tambo na proa...
E aquí a primeira parada: a bomba de achique do Rei decidiu parar de traballar (o Rei sempre foi un pouco nugallán). Parada entre bateas para arranxos e paseo a vela da xeiteira e a dorna de tope até decidir que facer: se voltar a Combarro ou seguir. 

Seguimos!!

Chegando a Cabicastro, arriádevos, eh!

Boh, case mellor chegando a Ons que non hai vento....
E que fas sen vento para navegar?

Unha casota para tornar o frío...
Un concerto para animar a tarde...
Ben, ao pasar o Pombeiro, arriádevos, eh!
Se hai vento...

As convidadas de Codeseda só pillaron encalmadas, pena.
E por fin, orde de arriarse!!, coa Arousa na proa.
Preparando a vela na Peça

Foi subir vela e fuxir a xeiteira como un tiro!
Pero xa o sol andaba ameazando con marchar...
Todas ao abrigho no Con de Tres Pés
Ao lonxe, as velas e o solpor
Importante: non fagades nunca isto se non queredes quedar sen lentes:

Ponher as gafas de diadema!!

Un novo consello xentileza de Bea. 

Como a noite vinha enriba, outra vez orde de remolque. Deunos a vela para ir do Igafa ao Faro...

O galeón vindo a recollernos num mar emplatado.
E a noite caía...
E a noite caiu, co Cantinho na proa. Menos mal!!
Sempre toca, ao ir ou ao voltar de Combarro, unha encalmada. Non hai maneira!



Ningún comentario:

Publicar un comentario

a falar a xente se entende