Como hoxe non era día festivo, no SERGAS encontramos que nos deron cita para canta especialidade existe. Na consulta, a verdade, non había moita xente, o cal fixo que a atención fose personalizada e de longa duración.
 |
O Rei do Mar no centro de saúde. |
Ighual pensades que imos ao médico de calquera maneira, mais xa nos avisaban as avoas: ir ben lavadas por se é o caso... E a iso adicou a semana, desde o martes, a xente que pasou polo Chufre para acompanhar ao galeón (que algunha houbo, pouca, pero houbo): a lavarlle todas as súas partes varias.
 |
O empanetado ben lavadinho, de abaixo e de arriba. |
 |
Todo! |
 |
Incluso a mesa do camarote. |
 |
E os sins vellos, xa retirados para pór muda nova. |
Dúas grandes citas tinha o barco para este venres: dermatoloxía e cirurxía dixestiva.
 |
A tarde daba para facer o traballinho... |
 |
Antes de hidratar, hai que exfoliar toda a pel... |
 |
É dicir, antes de pintar, lixar os restos de patente... |
 |
Todo o patente... |
Algunhas parece que nunca facemos nada, porén às vezes tamén lle damos à lixa...
 |
O traballo de toda a tarde: antes e depois no temón |
 |
E o susto da tarde: o ataque do veleiro voador! |
 |
A tarde ía caendo, mais as citas non acababan... |
 |
Na segunda planta, operación de vesícula. |
 |
Con bisturís do quince e do super-ego. |
 |
Tivemos que cambiarlle ao motor a válvula direita da trúcola da rócola. |
 |
Rapás, atende que che explico! |
 |
Os estudantes de medicina atenden ao catedrático mecánico. |
Que tinha o motor? O mesmo que a Galiza...
 |
Unha chea de rela nos filtros... |
Acabada a profundísima metáfora política, caeu a tarde e marchamos, que tinhamos que marchar...
 |
A luz disipábase por tras do barco antes chamado Ratonero... |
LEMBRADE: todas as tarde, fóra os domingos, traballamos no Rei do Mar, para que volte ao mar (venha a rebuznancia) canto antes.