xoves, 25 de febreiro de 2016

Tempo de picapaus

O calendario de actividade da ENT Dorna está marcado por outro tipo de fenómenos que non os laborais. Igual que as aves todas que pasan polo Carreirón, que miran as estrelas para guiarse, en Dorna miramos os pontos encarnados das festas. E nunca facemos nada até que pasa o sábado das Carrozas. Iso si, pasado o Entroido, volta ao Naval!!

Canto tempo!! Desde decembro que non nos vemos!!
Xuntámonos unha boa bandada no Naval, porque boa falta faciamos... Como o sábado 27 imos estar ocupadas, tinhamos que facer hoxe todo o traballo.

O 27 de febreiro temos un asuntinho que resolver con Rosa Quintana e Feijoo...
Cando vimos o ben que lucía a pancarta no Komaira, admitimos, collemos moita envexa. Mais tinhamos o Rei do Mar sen paus, que andaban destragados e llos retiramos cando subiu ao varadoiro. E, picadas pola ghana (o de sempre, a ver quen a ten máis grande!), alá fomos ao monte, de picapaus, em busca dos pinheiros perfectos para o noso galeón. Facían falta dous: un para a vela maior e outro para a mesana.

Que mellor lugar que o monte da Area da Secada...
Será por pinheiros!!
O importante é dar co pau perfecto: de altura, diámetro e dereitura. O importante e o difícil, claro! Aínda que sempre están os patróns para aprendernos como facer a escolla.

Hai que miralo desde o pé para ver se vai recto...
Largho como un día sen pan!!
Se hai dúbidas, podemos contar coa proba do paucinho ou gharabullo. Infalíbel!
E unha vez seleccionados os exemplares: asemblea de majaras!!
Sabendo como somos en Dorna, para que perguntaremos nada!

A elección marinheira quedou ben clara...
Aínda que as poetas tinhamos outras preferencias máis inovadoras...
E chegaron os serradores. Con dúas motoserras... Con ese poder de convicción, alá vai o acordo da asemblea!

Ai, e tamén unha machada! Meudeus, Magnum, alá vai oferraridosenhormasters!
A darlle!
Picado o pau, e todas vivas, toca limpar e destonar (un pouco).
E a operación máis delicada, a que precisaba de tanta man rexida por tanto brazo fornido...

Levar o pau à praia!! (que foto bunita, oe!)
Concurso: pau de proa ou de popa?
O pau non podía quedar na praia, é evidente. No mar agardaba por el a tradicional motora de transporte.

E Dora a Exploradora esqueceu levar a mochila... ;)
Celebrar si, pero quen leva o barco?
Chegou o pau ao seu destino, sen cair polo caminho, sen enghanchar nunha batea, sen tropezar nun con...

Recepción oficial do novo pau para o galeón.
Pois a verdade, dereito dereito, non parece...
Oh oh!!


As fotos bunitas son de Bea. As outras da blogueira ou de Iván ou do feisbu da ACKomaira. 



Ningún comentario:

Publicar un comentario

a falar a xente se entende