domingo, 30 de xullo de 2017

I CONCURSO DE FOTOGRAFÍA E.N.T. DORNA



¿E unha regata ou o rescate dalgún que vai polo mar abaixo?

¿Son jamelas?, ¿bucetas? ¿botes? ¿dornas?

 Para sair de dudas chega o 

I CONCURSO DE FOTOGRAFÍA E.N.T. DORNA

Queremos que nos mostres como nos vés. 
Envía as tuas fotos antes do Xóves 24 de Agosto o e-mail colabora.dorna@gmail.com e participa.


BASES I CONCURSO DE FOTOGRAFÍA E.N.T. DORNA

Participantes:
Podrán participar todalas persoas que o desexen, sexan profesionais ou aficcionados sempre que os traballos se axusten as bases. As fotografías podrán ser tomadas con calquer dispositivo xa que a resolución non será unha restricción.

Temática:
Establecense duas modalidades:
1. Regata do Vao 2017. Imáxes entendidas libremente polo autor que teñan como referencia calquer aspecto da regata de dornas a vela a celebrar o 5 de agosto (riqueza paisaxistica, cultural, artísca, deportiva, humana, etc...)
2. Fotografías con historia. Imáxes con máis de 15 anos representativas da navegación tradicional a vela na Illa de Arousa

-       As obras entregadas deben ser orixinais e os participantes autorizan expresamente o seu uso parcial ou total pola Asociación cultural e deportiva Dorna.

Formato de inscripción:
- Para participar deberá enviar as suas fotos en cor ou branco e negro antes do 10 de Agosto de 2017 o e-mail: COLABORA.DORNA@GMAIL.COM indicando, nome do autor, teléfono,  lugar onde se obtuvo,  categoría a que postula e título de la obra.

- Podense enviar todalas fotografías que considere anque so se aceptarán a concurso un máximo de 2 fotografías por autor.

Xurado:
- O xurado estará composto por representantes da E.N.T. Dorna e algúns participantes da regata Regata do Vao 2017

Premios
- Categoría regata do Vao 2017
1º premio: diploma acreditativo, foto no cartel da regata do vindeiro ano e tarde de navegación para 2 persoas
2º premio: diploma acreditativo, camiseta da regata, tarde de navegación para 2 persoas                   
3º premio: diploma acreditativo, tarde de navegación para 2 persoas                                         

 
- Categoría fotografías con historia:
                1º premio: diploma acreditativo camiseta da regata, tarde de navegación para 2 persoas
                2º premio: diploma acreditativo, tarde de navegación para 2 persoas
                3º premio: diploma acreditativo

Observacións:

Agradecese o envío de calquer documentación(fotos, videos, documentos...) para a creación dun arquivo dixital común.

A participación neste concurso implica a total aceptación das bases reguladoras do mesmo.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

a falar a xente se entende