venres, 9 de agosto de 2019

III CONCURSO DE FOTOGRAFÍA E.N.T. DORNA




Despois do gran éxito do II concurso de fotografía E.N.T. Dorna e por petición popular, xa está aquí o III CONCURSO DE FOTOGRAFÍA E.N.T. DORNA.


Envía as túas fotos a colabora.dorna@gmail.com antes de que fiquen esquecidas co frío do inverno e participa.

BASES III CONCURSO DE FOTOGRAFÍA E.N.T. DORNA
Participantes:
Podrán participar todalas persoas que o desexen, sexan profesionais ou aficcionados sempre que os traballos se axusten as bases. As fotografías podrán ser tomadas con calquer dispositivo xa que a resolución non será unha restricción.
Temática:
Establecense duas modalidades:
1. Regatas Illa de Arousa 2019. Imáxes entendidas libremente polo autor que teñan como referencia calquer aspecto daS regata de dornas a vela celebradas na Illa de Arousa no 2019 (riqueza paisaxistica, cultural, artísca, deportiva, humana, etc...)
2. Fotografías con historia. Imáxes con máis de 15 anos representativas da navegación tradicional a vela na Illa de Arousa
-       As obras entregadas deben ser orixinaissen marca de auga e os participantes autorizan expresamente o seu uso parcial ou total pola Asociación cultural e deportiva Dorna.
Formato de inscripción:
- Para participar deberá enviar as suas fotos en cor ou branco e negro antes do 2020 o e-mail: COLABORA.DORNA@GMAIL.COM indicando, nome do autor, teléfono,  lugar onde se obtuvo, e título de la obra.

- Podense enviar todalas fotografías que considere anque so se aceptarán a concurso un máximo de 2 fotografías por autor.
Xurado:
- O xurado estará composto por representantes da E.N.T. Dorna e algúns participantes das regata Regatas.

Premios
- Categoría regatas Illa de Arousa 2020
1º premio: Agasallo sorpresa, foto no cartel da regata do vindeiro ano e tarde de navegación para 2 persoas
2º premio: Agasallo sopresa, camiseta da regata, tarde de navegación para 2 persoas                   
3º premio: Agasallo sorpresa, tarde de navegación para 2 persoas                                         

  - Categoría fotografías con historia:
                1º premio: Agasallo sorpresa, camiseta da regata, tarde de navegación para 2 persoas
    
 O resultado do concurso e entrega de premios realizarase o día das letras galegas (17 de Maio 2020)

Observacións:
Agradecese o envío de calquer documentación(fotos, videos, documentos...) para a creación dun arquivo dixital común.
Todo esto facelomolo para que dar a coñecer e que que non se abandoen estas embarcacións tradicionais e toda a cultura que rodea as rodea. A túa participación axudaranos a tal labor, axudanos a que todolos anos poidas ver moitas velas no mar e si te animas a navegar... so tes que falar con nos.
A participación neste concurso implica a total aceptación das bases reguladoras do mesmo.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

a falar a xente se entende