Amosando publicacións coa etiqueta Rei do Mar. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Rei do Mar. Amosar todas as publicacións

domingo, 14 de agosto de 2016

A Semana Apocalíptica: ai, o Rei!!

O martes había demasiado vento para navegar... Así que quen andaba pola Arousa combinou igual para facer traballos deses que ninguén ve: recolocar o pau da xeiteira, que voltou saltar, darlle alquitrén à Chíscala outra vez, arranxar aquela vara de portar para a Regata do Bao, carrexar dornas do Bao ao Naval, do Naval ao Bao...

En fin, cousinhas...

A medida que avanzaba a tarde o vento ía a máis, e algún comezou a preocuparse. A Nova Marina xa estava ao abrigo do Cabodeiro, mais habia dornas nos fondeos e o Rei do Mar tamén estaba moi a mercé da nortada.

Acabados os traballos, a xente debatía que facer tomando unha mirinda:

- Levamos o Rei para o Cabodeiro.
- Antes é mellor varar as dornas.
- O Rei cabecea moito, vaise soltar...
- Pois a ver quen é o simpático que boga até el con este vento!

Non acabaron as mirindas... Chegou a alarma!

[Aquí un alto no conto: na Arousa aínda funciona o toque a rebato. En canto alguén ve un problema no mar, manda recado e a cadea de ghuasás e teléfonos fai que chegue mais rápido que chamando ao 112. Nisto, como noutras cousas, a Arousa dá gosto]

19.51: ghuasá, ghuasá!! A planera da escola está atravesada no Bau. QUEN ESTEA PRETO QUE PASE XA. Carlos vai de caminho.

E ao rebate acudiu a xente!

A cousa foi difícil. A planeadora estaba anegada de auga e achicar nela era como querer achicar no mar: capacho que ía para fóra, golpe de mar que metía para dentro... O coche que tirou dela non ardeu de milagre! O pobre non podía contra a forza do mar!

E estando nestes traballos, coa Trancas xa na mallante, as cabezas levantaron a vista da area, ollaron cara o mar e non puideron crer o que vían: O Rei do Mar cabeceaba violentamente de banda a banda con cada refacho, os golpes de mar barrían a cuberta de popa a proa. Quen non botou as mans à cabeza, só acertaba a berrar:

- O Rei!
- O Rei!!
- O Rei!!!

E o Rei soltouse dos amarres.

O galeón directo à praia e disposto a levarse por diante as dornas dos fondeos.

- A Roxinha!
- A Roxinha!!
- A Roxinha!!!

(Anxo xa ten para outro libro ;) )

Así o gravou Belén e o narrou Amaro:


A partir de aí foi o caos. As carreiras. O non saber que facer: 

- Tira!
- Puxa!
- Sobe!
- Baixa!

O obxectivo: manter o barco perpendicular à praia para ver de prender o motor e sacalo da mallante. Cos caldeiros de mar a cair por riba das persoas, o barco a cabecear e o perigo de que aplastase a alguén (cousas nas que só se pensa a posteriori). As imaxes impresionan, mais todas as testemunhas afirman que non mostran ben a forza do mar e a rapidez con que aconteceu todo. 

Obxectivo: sacar o Rei da praia.
Aguantade aí!! Empuxade!!
Imaxinade os escravos exípcios nas pirámides: Uuuughhh! Uuuughhh!
Os pilotos, Lino e Carlos, tentando acender o motor.
En algún momento da tarde, houbo até 53 nós de vento na ponte. Para flipar!!
Motor en marcha, Rei abandonando a praia: VIVA!!
Faltaba levalo ao Cabodeiro...

Pasar os fondeos sen machucar dornas...
Soportar os embates do mar...
E claro é: esquecer as dornas afundidas...
E levar o barco a porto seguro...
Recollido o barco, pasado o susto, duchada a xente, calmos os ánimos, chegou o momento do orgullo de facer parte dun equipo como a ENT Dorna.

E chegou o momento dos ESE:

E se passase de noite...
E se levase a Roxinha por diante...
E se embarrancase na praia...
E se caíse sobre alguén...
E se... a palabra máis clásica: 

PABERNOSMATAO!!


Algunhas fotos son de Belén. Outras dun windsurfista de quen desconhecemos o nome, Javi Lois. Se alguén sabe, editamos. 

luns, 16 de maio de 2016

Nós tamén navegar!

Ademais de falarmos galego todos os días, e ademais de estarmos orgullosas (todos os días) da nosa cultura e da nosa literatura, na ENT Dorna, nós tamén navegar. 

E xa temos todo a ponto para xornada de manhá, na que, xa sabedes, inauguramos tempada. 

Levamos unhas tardes facendo asembleas cada dez minutos para deixarmos as embarcacións alistadas. O galeón Rei do Mar, por ser a máis grande, foi o último. 

Ben, o motor parece que funciona...
E parece que vira cando toca...
Venha! Orghanisasión!! Un grupo á asegurar obenques! Outro a comprobar velame!!

Arriba ese foque!!
 AHHHHGG! Non iredes navegar entre o xentío acugulado no Cantinho e ese foque así de porcallento??!! 

Asemblea!!

- Que máis terá! Na distancia non se ve!
- Non se ve! Cacho manchóns de verdallo e piolla! Saca de aí!
- Lavar agora é un rollo! Nen sequer hai sol para clarear...
- Tenhen todo o verán para clarear! Pero o ghordo... O ghordo hai que sarcarllo, ouh! Que vai dicir a vicinhanza!
- Somos unha chea de xente... Eló non daremos?

Velas arriba (do peirán) para esfregar!
Entretanto, outros axustamos ferros.
E venha a colocar ghanchos!
AHHHHGG! A varilla!! Non é do dez! É do doce!!

Asemblea!!

- Proba a ver se entra ighual

- Que máis terá! Na distancia non se ve!
- Non se ve, e tampouco encaixa! Hai que ir mercar outra!
- Está todo pechado!
- Miro eu na casa!
- Deixamolo para o luns!
- Pero collo eu o coche...e vou aonde sexa!
- Para que vas ghastar! Deixa estar! 
- Non subimos a maior o martes e xa está!!
- Saca de aí! Antes collo o coche!
- Hai abondo que facer! Queda para o luns!
- Pois nada! Dádelle á tampa do pau! 

Damos!
E avanza a comisión da limpeza...
- E daremos con un par de vasoiras...
- Hai que usar lixivia!
- Lixivia!! Toleaches!! Aquí no peirán! E a contaminación! Despois non queredes Plan de Acuicultura!!
- Pois xabrón lagharto ló, mais con algho haberá que darlle. 
- Traio eu a kharcher da casa...
- Iso non romperá a lona?
- Bruso do de toda a vida!
- bruso e fairy, tradición a tope!
- Ló tería que ser bruso e mistol...
- Repugnante!!

A proba do cepillo e a kharcher non engana!
Arrancando à Escola as humidades do inverno.
A falta de seneiras, bos son os paus!
E xa postos, a enverghar a maior!
E acabar cos ferros!!
LISTO!!

Xa sabedes, manhá, no Cantinho!



xoves, 7 de abril de 2016

Galeóns pintados, traballos dobrados!

A ver, que fixestes onte??!!

Parécevos normal deixar o barco así?
Ai, e temos que vir nós, sarxenta e caba, a ponher orde!! 

Porque estes marinheiros tradicionais non saber aproveitar recursos e posibilidades...
É esa unha posición cómoda para pintar?
Ou esta?
Así toda a tarde. Claro que non acabades na vida!
 Faime caso a min, anda...
 
Sempre de pé!!
E se tes que darlle aos baixos, chama polo piraghüeiro que estea de quenda...

- Carlos, pasapacá!!

- Levanta um momento o ghalión, que tenho que repasar!
É que vos temos que aprender todo!!
Vedes como así damos o patente nun nadinha!!

Xa podedes sacar a cinta...
.... e recoller todo ben recollido...
... que imos a polo branco!
A verdade é que visto de lonxe, xa vai parecendo novo este Rei.

A mudanza é patente.
Outra vez a pintar ao toleirón!?
Non queda outra, sarxenta... Ains, venha a ponher orde!

Hala, todos en fileira para pintar por quendas...
Xa sabedes, se nos organizamos... pintamos todas!

Mesmo a puntinha do final!
Moito traballamos cando traballamos ben!

Xa podedes sacar a cinta do branco...
...que imos a polo folio.

SARXENTA: E non será mellor pasar do folio?
PACA: Pois case vas ter razón, que sen folio podemos ir co Rei sen problemas até Panamá...

Para, Paco, para!!
E é que vos hai que explicar todo!!

mércores, 6 de abril de 2016

Ignorando o calendario...

Vai alá marzo marzón e nós así, con este galeón!

Às voltas co minio!!
Sen acabar de arranxar os parafusos, sen colocar os sins, sem dar o patente... Coa obra viva medio morta, meudeus!
 
Unha cousa que dá peninha!

E tinhamos que librar o sitio acabado o mes! Uiuiuiui, como se van pór os do Varadoiro! Ai, que nos botan!!

Aí ven o travel directinho ao Rei do Mar
Isto son rodas e o resto arillos!
Moito houbo que chorarlles! Un día máis, porfavorinho. Venha, que hoje vai sol e xa patenteamos un pouco... Anda, ouh! Que máis vos ten, se esta esplanada é enorme!

Mimá! E por onde comezamos?!
- Cala e múdate! O que importa é que pensen que imos acabar hoxe!

Rápido! A cortar coa cinta!
- Apurade, que eu xa rasquei todo o minio!
Imos dar o patente, polo menos deste costado...
- Por este costado, non por ese!!

-Ei, mirade!!

- Non vinhan botarnos a nós!!!
Ai, pois ló, deixámolo para manhá!!

E manhá acabaremos de dar patente... Às 15.30 da tarde, quen poida.


PostData: Tocaba botar unha crónica sobre fútbol gaélico, mais aínda estamos a intentar entender como raios se xogha...

xoves, 25 de febreiro de 2016

Tempo de picapaus

O calendario de actividade da ENT Dorna está marcado por outro tipo de fenómenos que non os laborais. Igual que as aves todas que pasan polo Carreirón, que miran as estrelas para guiarse, en Dorna miramos os pontos encarnados das festas. E nunca facemos nada até que pasa o sábado das Carrozas. Iso si, pasado o Entroido, volta ao Naval!!

Canto tempo!! Desde decembro que non nos vemos!!
Xuntámonos unha boa bandada no Naval, porque boa falta faciamos... Como o sábado 27 imos estar ocupadas, tinhamos que facer hoxe todo o traballo.

O 27 de febreiro temos un asuntinho que resolver con Rosa Quintana e Feijoo...
Cando vimos o ben que lucía a pancarta no Komaira, admitimos, collemos moita envexa. Mais tinhamos o Rei do Mar sen paus, que andaban destragados e llos retiramos cando subiu ao varadoiro. E, picadas pola ghana (o de sempre, a ver quen a ten máis grande!), alá fomos ao monte, de picapaus, em busca dos pinheiros perfectos para o noso galeón. Facían falta dous: un para a vela maior e outro para a mesana.

Que mellor lugar que o monte da Area da Secada...
Será por pinheiros!!
O importante é dar co pau perfecto: de altura, diámetro e dereitura. O importante e o difícil, claro! Aínda que sempre están os patróns para aprendernos como facer a escolla.

Hai que miralo desde o pé para ver se vai recto...
Largho como un día sen pan!!
Se hai dúbidas, podemos contar coa proba do paucinho ou gharabullo. Infalíbel!
E unha vez seleccionados os exemplares: asemblea de majaras!!
Sabendo como somos en Dorna, para que perguntaremos nada!

A elección marinheira quedou ben clara...
Aínda que as poetas tinhamos outras preferencias máis inovadoras...
E chegaron os serradores. Con dúas motoserras... Con ese poder de convicción, alá vai o acordo da asemblea!

Ai, e tamén unha machada! Meudeus, Magnum, alá vai oferraridosenhormasters!
A darlle!
Picado o pau, e todas vivas, toca limpar e destonar (un pouco).
E a operación máis delicada, a que precisaba de tanta man rexida por tanto brazo fornido...

Levar o pau à praia!! (que foto bunita, oe!)
Concurso: pau de proa ou de popa?
O pau non podía quedar na praia, é evidente. No mar agardaba por el a tradicional motora de transporte.

E Dora a Exploradora esqueceu levar a mochila... ;)
Celebrar si, pero quen leva o barco?
Chegou o pau ao seu destino, sen cair polo caminho, sen enghanchar nunha batea, sen tropezar nun con...

Recepción oficial do novo pau para o galeón.
Pois a verdade, dereito dereito, non parece...
Oh oh!!


As fotos bunitas son de Bea. As outras da blogueira ou de Iván ou do feisbu da ACKomaira.