domingo, 14 de agosto de 2016

A Semana Apocalíptica: ai, o Rei!!

O martes había demasiado vento para navegar... Así que quen andaba pola Arousa combinou igual para facer traballos deses que ninguén ve: recolocar o pau da xeiteira, que voltou saltar, darlle alquitrén à Chíscala outra vez, arranxar aquela vara de portar para a Regata do Bao, carrexar dornas do Bao ao Naval, do Naval ao Bao...

En fin, cousinhas...

A medida que avanzaba a tarde o vento ía a máis, e algún comezou a preocuparse. A Nova Marina xa estava ao abrigo do Cabodeiro, mais habia dornas nos fondeos e o Rei do Mar tamén estaba moi a mercé da nortada.

Acabados os traballos, a xente debatía que facer tomando unha mirinda:

- Levamos o Rei para o Cabodeiro.
- Antes é mellor varar as dornas.
- O Rei cabecea moito, vaise soltar...
- Pois a ver quen é o simpático que boga até el con este vento!

Non acabaron as mirindas... Chegou a alarma!

[Aquí un alto no conto: na Arousa aínda funciona o toque a rebato. En canto alguén ve un problema no mar, manda recado e a cadea de ghuasás e teléfonos fai que chegue mais rápido que chamando ao 112. Nisto, como noutras cousas, a Arousa dá gosto]

19.51: ghuasá, ghuasá!! A planera da escola está atravesada no Bau. QUEN ESTEA PRETO QUE PASE XA. Carlos vai de caminho.

E ao rebate acudiu a xente!

A cousa foi difícil. A planeadora estaba anegada de auga e achicar nela era como querer achicar no mar: capacho que ía para fóra, golpe de mar que metía para dentro... O coche que tirou dela non ardeu de milagre! O pobre non podía contra a forza do mar!

E estando nestes traballos, coa Trancas xa na mallante, as cabezas levantaron a vista da area, ollaron cara o mar e non puideron crer o que vían: O Rei do Mar cabeceaba violentamente de banda a banda con cada refacho, os golpes de mar barrían a cuberta de popa a proa. Quen non botou as mans à cabeza, só acertaba a berrar:

- O Rei!
- O Rei!!
- O Rei!!!

E o Rei soltouse dos amarres.

O galeón directo à praia e disposto a levarse por diante as dornas dos fondeos.

- A Roxinha!
- A Roxinha!!
- A Roxinha!!!

(Anxo xa ten para outro libro ;) )

Así o gravou Belén e o narrou Amaro:


A partir de aí foi o caos. As carreiras. O non saber que facer: 

- Tira!
- Puxa!
- Sobe!
- Baixa!

O obxectivo: manter o barco perpendicular à praia para ver de prender o motor e sacalo da mallante. Cos caldeiros de mar a cair por riba das persoas, o barco a cabecear e o perigo de que aplastase a alguén (cousas nas que só se pensa a posteriori). As imaxes impresionan, mais todas as testemunhas afirman que non mostran ben a forza do mar e a rapidez con que aconteceu todo. 

Obxectivo: sacar o Rei da praia.
Aguantade aí!! Empuxade!!
Imaxinade os escravos exípcios nas pirámides: Uuuughhh! Uuuughhh!
Os pilotos, Lino e Carlos, tentando acender o motor.
En algún momento da tarde, houbo até 53 nós de vento na ponte. Para flipar!!
Motor en marcha, Rei abandonando a praia: VIVA!!
Faltaba levalo ao Cabodeiro...

Pasar os fondeos sen machucar dornas...
Soportar os embates do mar...
E claro é: esquecer as dornas afundidas...
E levar o barco a porto seguro...
Recollido o barco, pasado o susto, duchada a xente, calmos os ánimos, chegou o momento do orgullo de facer parte dun equipo como a ENT Dorna.

E chegou o momento dos ESE:

E se passase de noite...
E se levase a Roxinha por diante...
E se embarrancase na praia...
E se caíse sobre alguén...
E se... a palabra máis clásica: 

PABERNOSMATAO!!


Algunhas fotos son de Belén. Outras dun windsurfista de quen desconhecemos o nome, Javi Lois. Se alguén sabe, editamos

1 comentario:

  1. Boas, como vai todo!!
    Son Javi 8, o que fixo algunhas das fotos. ��

    ResponderEliminar

a falar a xente se entende