sábado, 1 de novembro de 2014

Tarde de citas médicas

Como hoxe non era día festivo, no SERGAS encontramos que nos deron cita para canta especialidade existe. Na consulta, a verdade, non había moita xente, o cal fixo que a atención fose personalizada e de longa duración. 

O Rei do Mar no centro de saúde.

Ighual pensades que imos ao médico de calquera maneira, mais xa nos avisaban as avoas: ir ben lavadas por se é o caso... E a iso adicou a semana, desde o martes, a xente que pasou polo Chufre para acompanhar ao galeón (que algunha houbo, pouca, pero houbo): a lavarlle todas as súas partes varias.

O empanetado ben lavadinho, de abaixo e de arriba.
Todo!
Incluso a mesa do camarote.

E os sins vellos, xa retirados para pór muda nova.
 Dúas grandes citas tinha o barco para este venres: dermatoloxía e cirurxía dixestiva.

A tarde daba para facer o traballinho...
Antes de hidratar, hai que exfoliar toda a pel...
É dicir, antes de pintar, lixar os restos de patente...
Todo o patente...
Algunhas parece que nunca facemos nada, porén às vezes tamén lle damos à lixa...

O traballo de toda a tarde: antes e depois no temón
E o susto da tarde: o ataque do veleiro voador!
A tarde ía caendo, mais as citas non acababan...
Na segunda planta, operación de vesícula.
Con bisturís do quince e do super-ego.
Tivemos que cambiarlle ao motor a válvula direita da trúcola da rócola.
Rapás, atende que che explico!
Os estudantes de medicina atenden ao catedrático mecánico.
Que tinha o motor? O mesmo que a Galiza...

Unha chea de rela nos filtros...
Acabada a profundísima metáfora política, caeu a tarde e marchamos, que tinhamos que marchar...

A luz disipábase por tras do barco antes chamado Ratonero...

LEMBRADE: todas as tarde, fóra os domingos, traballamos no Rei do Mar, para que volte ao mar (venha a rebuznancia) canto antes.



mércores, 29 de outubro de 2014

Arriba o Rei!!

É moi duro facer o esforzo de xantar às presas, ficar sen sesta en días invernais como estes nos que a luz xa é pouca e o frio estremece. Pero algunhas tragamos quina só por axudar a ponher en seco o Rei do Mar... Así de sacrificada é a vida asociativa...

A tarde no Chufre estaba tan desagradable... verdade, Rubén?
Embarcando no galeón e prendendo o motor... Funciona!!
Funciona grazas a algunha chapucinha nova...
É grande o noso barco, non?
E parece pequeno o travel, verdade?
SEGHURO

Entramos en boxes sen problema.
E alá ven o travel! Parece pequeno, verdade?
Pois mirádelle as ghomitas...
Axustando todo para para que as ghomas encaixen...
Nos boxes utilizamos as máis perfeccionadas técnicas para equilibrar a nave.
Si oh, é ben grande o galeón e é ben pequeno o travel....
E comezou a operación delicada: o izado do barco.

Primeiro paso....
Un pouquinho máis...
No alto de todo!
E no máis baixo, ai mimá, canta rela!!
Así quedou o Rei, colghao!
E aproveitou para dar un paseo, deses con bastón e andador...
Definitivamente, o Rei do Mar non é tan ghrande...
E agora hai que aproveitar todas estas tardes para ponher o galeón a punto: lavar, dar patente, arranxar a cuberta, a bomba de achique... cantas máis persoas nos xuntemos estas tardes, antes acabaremos.


domingo, 26 de outubro de 2014

Viva o SERGAS!!

Que por fin temos cita para a operación!!

Despois de meses nas listaxes de espera, en agarda para secar a barrigha, apretar os ósos (esses cadrís coa prótese enferruxada), liftinear a pintura e operar a próstata, os cirurxiáns do Varadoiro do Xufre déronlle día e hora ao Rei do Mar. A verdade é que a cita é só para subir a quirófano, mais xa que estamos, imos aproveitar para darlle un bo repaso. 

O martes 28 às 15.00 horas (si, às 15.00, horario de marinheiros e funcionistas!) sobe o galeón ao travel. Quen queira velo, que venha. E de paso que traia a bata, a mascarilla e os bisturises, que boa falta van facer enfermeiros, cirurxiás, anestesistas e celadoras. 

Nese cacho guindastre vai subir o Rei. Quen o verá!

sábado, 18 de outubro de 2014

Xeiteira ao tobo!

Hoxe choveu nada e ventou menos, así que tivemos boa tarde para traballar un pouco no Naval.

Quedamos às catro (algunhas non sabemos por que...) e demos en ir facendo aseghún que cousas aseghún se fose xuntando xente.

Ao comezo eramos poucas...

Neste mar de dornas pasamos as tardes...
O primeiro, sacar o empanetado da Peza de Rabo na escuridade...
Mentres no fondo traballan, acarón da Nécora, aproveitabamos o tempo...
Cargabamos a Revolta da sinha Débora...
A idea era trasladala a Testos, xunto coa Nova Ánxela e limpar o outro local para as carpinteiradas de inverno. 
Mandamos a Bea coa Revolta... 

E comezou a chegar xente, e xente, e xente, e mudamos os plans: a gardar a Nova Marina

A xeiteira xa estaba no carro, só tinhamos que ponhela ao enxoito.
O Carlos, como é campión de remos, quería levala a gholpe de bícepes...
... e case se carga a ghamelinha.
Como aínda falta moito para o Carmen, e queremos festa,

pois montamos nós a procesión da Nosa Senhora Nova Marina
Sen cairmos na conta de que no caminho ao santuario o que mais abundan son as curvas...


Ai, que non dá!!
Ai, que esta tampouco!
E claro, encallamos!!
E Don Olimpio, ofendido con tanta falsa e sacrílega procesión, enviounos à local...

Que ninguén se mova!
Houbo Herr Direktor de buscar un apanho desde ese casamento no que andaba...

Ao final, demos saído do apuro...
E a bola entrou!!

 Parecía que acabaran aí os problemas, pero non...

Aínda había que esquivar columnas dentro...

E si, acabamos de gardar a xeiteira... 

E Bea? Esquecida en Testos, farta de varrer e varrer as serraduras da flotabilidade reciclada pola Linda Molly.