Hoxe choveu nada e ventou menos, así que tivemos boa tarde para traballar un pouco no Naval.
Quedamos às catro (algunhas non sabemos por que...) e demos en ir facendo aseghún que cousas aseghún se fose xuntando xente.
Ao comezo eramos poucas...
|
Neste mar de dornas pasamos as tardes... |
|
O primeiro, sacar o empanetado da Peza de Rabo na escuridade... |
|
Mentres no fondo traballan, acarón da Nécora, aproveitabamos o tempo... |
|
Cargabamos a Revolta da sinha Débora... |
A idea era trasladala a Testos, xunto coa Nova Ánxela e limpar o outro local para as carpinteiradas de inverno.
Mandamos a Bea coa Revolta...
E comezou a chegar xente, e xente, e xente, e mudamos os plans: a gardar a Nova Marina!
|
A xeiteira xa estaba no carro, só tinhamos que ponhela ao enxoito. |
|
O Carlos, como é campión de remos, quería levala a gholpe de bícepes... |
|
... e case se carga a ghamelinha. |
Como aínda falta moito para o Carmen, e queremos festa,
|
pois montamos nós a procesión da Nosa Senhora Nova Marina |
Sen cairmos na conta de que no caminho ao santuario o que mais abundan son as curvas...
|
Ai, que non dá!! |
|
Ai, que esta tampouco! |
|
E claro, encallamos!! |
E Don Olimpio, ofendido con tanta falsa e sacrílega procesión, enviounos à local...
|
Que ninguén se mova! |
Houbo Herr Direktor de buscar un apanho desde ese casamento no que andaba...
|
Ao final, demos saído do apuro... |
|
E a bola entrou!! |
Parecía que acabaran aí os problemas, pero non...
|
Aínda había que esquivar columnas dentro... |
|
|
E si, acabamos de gardar a xeiteira...
E Bea? Esquecida en Testos, farta de varrer e varrer as serraduras da flotabilidade reciclada pola Linda Molly.
aiaiaiaaiaiaia,,,,,non se vos pode deixar soooos,,,menos mal que temos asegurado o muro denfrente
ResponderEliminar