Paella especial mar de fondo |
Que acaba a tempada!!
E se acaba a tempada, toca ir de cea!
Este ano mudamos o sistema. Como vivimos en crise e non saimos e aprendemos a cocinhar e botamos medio verán presumindo de ensaladas, empadinhas de berberichos, xoubas esparradas, empanadas de polbo, tortillas, xurelos escabechados, empanadas de raia, bistés de toda caste, polos ao allo e patacas ali-oli, pois decidimos acabar así o ano...
Desta vez non imos ir de restaurante, o restaurante montámolo nós. A idea é preparar as nosas super-fiambreiras e levarmos comida comestíbel e bebida bebíbel para compartir. Se nos organizamos, comemos e bebemos todas!
Eu xa comecei a preparar o churrasco |
Para argallar o asunto, teredes que CONFIRMAR antes do próximo sábado 18 de outubro se vindes ou non à cea, para despois, nunha segunda fase organizativa, repartir responsabilizades cocinheiras e bebedeiras. A confirmación, como sempre, a Salva por ghuasá ou sms.
A data proposta para a cea: o 8 de novembro.
Hala, a pensar o menú!!
so desir que as encarghadas do festin son bea e debora,,,,,,a elas animo , e os demais fasilitadelle o traballo,,,,que vai ser moito,,,,,veeenha vemonos
ResponderEliminar