sábado, 28 de xuño de 2014

O algodón non engana

Como unha patena está a quedar o Bao...

1. Sacar os trastes para fora.
2. Varrer, freghar e desinfectar.
3. Deixar limpo comoloschorrosdeloro.
E hoxe, máis.


xoves, 26 de xuño de 2014

Preparadas...

...para a Volta ao Mundo?


Comezan os xoves do verán!!

Que no sanxoán a sardinha molla o pan e comeza o verán!!

E co verán, comezan os xoves das grandes! Sempre que o vento e a chuvia cadren con xeito, el soprando e ela ausente, sairemos coas embarcacións grandes da ENT Dorna: a lancha xeiteira Nova Marina, a dorna de tope Peça de Rabo e o galeón de cabotaxe Rei do Mar.

E hoxe foi xoves!!

E as poucas que ousamos achegarnos ao Bao, saimos no galeón a mirar ben os cons do Furado, as recalmas do Campelo e os caminhos entre bateas para irmos preparando a Volta ao Mundo.

O ventinho deu para subir todas as velas
Siiii, todas, dádenos tempo!!
Antes temos que discutir por que a relinga non vai tesa!
E mirade que é longo o barquinho!!
Uuuuuuuiiiiiiii, case!!
O mar, o mar, o mar.
Directinhas para fender a ponte...
...ou a xeiteira!

mércores, 25 de xuño de 2014

I Maratón Hixiénica do Bao

A ENT Dorna convoca para os días 27 e 28 de xunho a primeira Maratón Hixiénica do Bao

NORMAS:
  1. Poden participar todas as personas que o desexen, estean asociadas à ACD Dorna ou non, sen distinción de sexo ou nacionalidade. Establece-se un cupo de 210 participantes. Non temos fregonas para máis.
  2. A organización non cobrará ningunha inscrición. As participantes poden vir de balde (e con balde). Recibirán un microchir contabilizador da velocidade e frecuencia de fregada, ademais de dorsais identificadores.
    Material que será subminsitrado pola organización.
  3. O circuito da maratón é o que segue: ghalpón do Bao, ghalpón do medio, e ghalpón dos banhos, recibindo as fregadas nestes últimos dupla puntuación. 
    O circuito xa está sinalizado (a foto é de Noé Parga, do Farodevigo)
  4. Establécense dúas etapas: o venres 27 de xunho, de 17.00 a 20.00 horas, terán lugar os entrenamentos oficiais, realizándose o sábado 28 de xunho, no mesmo horario, a proba oficial, puntuábel para o Campionato Mundial de Freghadas de Ghalpóns de Dornas, por agora liderado polos Amigos da Dorna de Portonovo.
  5. As participantes deberán asinar un documento co que eximen de responsabilidade à ENT Dorna nas posíbeis lesións ou accidentes na manipulación de panos, fregonas, lixívias e vasoiras.
  6. Existirán avituallamentos, segundo norma da FGCMF aproximadamente nos quilómetros 0'05, 0'1 e 0'15 do recorrido, así como na zona de meta. 
  7. O servizo médico da competición e esta xuíza árbitra estarán facultados para retirar da carreira:
  • A todo atleta que non realice o circuito completo.
  • A calquera atleta que manifeste estado de dopaxe alcólica.
  • A todo atleta que non tenha mandil, mono ou bata de traballo.
  • A todo atleta que manifeste un comportamento non deportivo, escaqueándose do curre, ou se reitere en protestas perante a Organización por non querer recoller o lixo.  
Todas as persoas participantes serán obsequiadas cunha medalla conmemorativa á entrada en meta. Ademais do gozaren do orgullo de participar nunha Grande Limpeza. 

Xa sabedes: o importante é participar!!


mércores, 18 de xuño de 2014

Para que venhades no verán

Nin a NIKE nin BENETTON nin os anuncios do GHADIS. Para propaghandas, as da ENT Dorna!


Escola de Navegación Tradicional, Illa de Arousa, verán 2014 from laurofcastro on Vimeo.


No Areoso

Onte o Rei do Mar tivo un traballo especial: facer de taxi para xente importante. Houbo de levar a expertas do Consello da Cultura Galega ao Areoso, para conheceren o restos arqueolóxicos do illote e comprobaren o seu estado de conservación. 
A visita foi organizada polos Pandulleiros, e facía parte das súas Xornadas de Patrimonio de hai algunhas semanas, mais daquela refacheaba finamente do sur e o galeón estaba convalecente dos seus achaques. En fin, que a cousa quedou para onte. 

A xente importante é a que leva chapeus de palla.
E os Pandulleiros gravaron un vídeo que vos pode axudar a ter unha idea da viaxe. 

 

Agardamos que o CCG consiga sacar adiante medidas para protexer o Areoso.

A imaxe roubeina do twitter de magago; o vídeo do bló dos Pandulleiros, claro.

domingo, 15 de xuño de 2014

Primeira Pole!!

A manhá foi dura. Aínda que a maioría só atendestes à essa temperatura perfecta para ir de praia, a realidade é que o vento refacheado e ben fersquinho facía complicada e técnica a primeira regata do Mundial de Dornas, a Regata dos Faros, d'O Grove.

Protección Civil tivo que preparar um dipositivo especial, propio de cicloxéneses.
Até nos enviaron o helicóptero para recoller as velas que saisen voando...
O caso é que a ENT Dorna enviou unha representación, porque n'O Grove organizarán os desembarcos que queiran, mais a piratas non hai quen nos ganhe; por algo somos carcamáns!

Ai mimá!, que barulho de saída!!
Larri sempre leva na súa Bazarra xente á que aprenderlle cousas novas.
Unha vez que desenredou a vela, a Caramecha chegou quinta...
Aínda que non o pareza, a Javiota non comeu as pedras.
A Zenaida ghanoulle a partida ao vento.
A Maristela ghanou o premio à vela mais planchada.
E tachán tachán!!! Aquí chega o importante!!

O notisión!!

A Mimela comprobando que TODAS as dornas quedaban atrás!
Pois si: debemos confirmar e confirmamos que HERR DIREKTOR Salva e ou seu comandante Lino ganharon a primeira Regata do ano e deberán loitar desde xa para manter o liderado do campionato mellor que LaRoja e ao estilo da Laranxa. A ver se son quen!

Nada poden os piratas mecos ante a invasión carcamá!!
Calquera lle tuse esta semana ao xefe...



As imaxes roubámolas do feisbu de Richy O Rei. Obrigadas.

domingo, 8 de xuño de 2014

Menos mal!!

Fomos un momentinho a sacarlle o torno à xeiteira, que tinhamos a inchar no Naval. 

Unha chea de auga gardaba dentro!
E mentres agardabamos que trousara todo o líquido, o senhor director adicouse a exercer de director, é dicir, recibir e facer chamadas acó e aló. 

Pouca xente pode presumir de ter un despacho tan patrimonialmente marítimo.
E chamaron de Portonovo. Que suspendían a Regata do Sepelo! 

POIS MENOS MAL!!!

Porque no Naval, a cousa vai lenta....

A Onza aínda a voltas coa pintura...
A Rosalía, por aí lle segue o ritmo...
O Laberko aínda andaba co temón...
E a María, a dorninha de tope que iamos estrear no Dìa das Letras, aínda non ten cana... Ou si:

Dentro dese cacho de madeira vive unha cana...
O can de sanroque e a Carminha vixiando que non pase nada...
Só a motoserra pode sacar de aí unha cana.
- Píntalle aí un burato, que se non tronzo de máis.
E cana con burato! Sí estaba no cacho de madeira...
Xa que tivemos que suspender a primeira regata por temporal, Larry e Suso, que tenhen o seu traballo acabadinho, decidiron facer algún achicador para que non deamos quillarriba unha vez comece a tempada.

Un achicador!
Dous achicadores!
Tres achicadores!
Catro achicadores!
E si, imos parando!

Dez achicadores!!

E así pasan as tardes nas que non temos regatas...

luns, 2 de xuño de 2014

Monarquía: aberto o prazo de candidaturas

A rei morto abdicado, Rei (do Mar) posto. Viva o rei!!

Non dighades que nom luciría na coroación!!