domingo, 28 de febreiro de 2016

27F: e houbo que ir a santiago, e fomos.

Había, que ir
porque as sequeiras non chegan a fin de mes,
porque as bateas botan pechadas a metade do ano, 
porque a ría é un vertedoiro incotrolado de lixo, 
porque o xeito non dá xeito,
porque o ranho non ten onde ranhar, 
porque as rías son nosas e non das celulosas, 
en fin, 
porque o mar non se vende. 

E as da ACD Dorna combinamos no palco da música da Alameda, que é un sitio estupendo para quedar atrás e non dar chegado nunca ao Obradoiro. O obxectivo: levar a nosa vela tradicional até os focinhos do mesminho Raxoi... 

Na ENT Dorna somos así: facemos pancartas de relinga.
E porque o valemos, regalamos concertos!
Aguantará ese bombo toda a manifestación?
Ás 11.30, hora 0, comezamos a prepararnos...
Adornando a espera con música.
Mais tivemos que meter as músicas baixo palio, que choveu...
Outra vez os paraugas!!
Mar de paraugas...
Nevada de paraugas...
Chovía? Arroiaba!!!
Aínda non saíramos e así, como pitinhas!!!
Que chova, que neve, o mar non se vende!!
Por alá xa ían as do cerco...
E nós sen sair...
Por fin arrancamos!!
Que si, Quintana, que chova que neve, non nos parades!!
A esta altura avisounos Nito Dios: xa chegou a manifa ao Obradoiro...
Tantas vueltas le dimos que hasta te pasamos por la Arosa, oye!
Non sabemos como, mais a pancarta de relinga, resiste.
Algho descolorida, mais resiste!!
A chuvia deu pouca tregua: para algo estaban os paraugas pancarta...
E chegadas aquí, o disghusto:
que non cabedes, que mentres non se valeire o Obradoiro un pouco, non podedes seguir...

QUEEEEEE!

Polo si ou polo non, entramos!!


Entramos!!
E chegamos ao palco!!
Mais é o que ten sermos as pechacancelas da manifa: perdémonos toda a festa final e avisamos que na superfotaza...

NON ESTAMOS TODAS
FALTA A ACD DORNA!!!


1 comentario:

  1. Thanks for sharing, nice post! Post really provice useful information!

    Giaonhan247 chuyên dịch vụ mua hàng mỹ từ dịch vụ order hàng mỹ hay nhận mua nước hoa pháp từ website nổi tiếng hàng đầu nước Mỹ mua hàng ebay ship về VN uy tín, giá rẻ.

    ResponderEliminar

a falar a xente se entende