luns, 27 de xullo de 2015

Encontros no Cabo 5: a Roncadeira.

- Que é iso que vén por aí
- Ghamela non parece
-  E é de plástico
- Ai, que cascarón! Agora a calquera cousa lle chaman tradicional...

- Éche ben feo, ouh!!
 - Ains, non vos enteirades de nada! Menos mal que estou eu aquí de assistant woman!! É a Roncadeira da Ghuarda...

- Roncará o que queiras, pero iso non é tradicional!
- Claro, porque o tradicional tamén está para ser transformado! Novos tempos, novos usos! É unha gamela adaptada para que poidan patroneala persoas sen mobilidade, ou con ela reducida...
- Aaaaah! Pois ló imos vela!! 

E a súa tripulación recolleu velas para explicárnola toda todinha!

Popa abatível para o acceso da cadeira de rodas...
 Parece a barcaza da Arousa!

Clase de manexo de velas e cabos...
Probas de estabilidade: isto non dá quillarriba!
A tripulación andaba a anotar melloras para lle facer e facilitar máis a navegación. E nós gostamos da idea de mudar tradicións para que todas, realmente todas, podamos navegar. Por aquí podedes saber máis do proxecto.
 
Aclaradas as cousas, alá marchou a Roncadeira!

- Que ben vai a ghamelinha, eh!
- Dá ghusto ver como se inventan cousas novas...
- E menos mal que hai plástico. A ver quen a facía en madeira!
- Parece unha cascarinha de noz! E que interesante o mundo da navegación tradicional...

A nós a gamela acordounos a dorna Luxitana que en tempos andou pola escola e que o seu amo foi modificando amedida que perdía mobilidade.

2 comentarios:

  1. Non é de plástico. É de madeira

    ResponderEliminar
  2. Ademáis de ser de madeira, foi propiedade dun mariñeiro, a usou profesionalmente para a pesca ata que se xubilou, e foi despois foi cando se modificou para personas con movilidade reducida

    ResponderEliminar

a falar a xente se entende