martes, 21 de xullo de 2015

Encontros no Cabo 2: e fomos chegando todas

A motora saía do Cantinho às 10.00 da manhá. No baro Porto vendíanse os billetes, ou iso parecía, porque fomos xuntándonos alí as viaxeiras. Vas para o Cabo? Vou!

E às 10.00 en punto...

soltamos amarras...
Izamos velas...
E partimos alén-mar, buscando un horizonte que non vemos (non é poesía, é que había néboa pechada e poallaba).
En chegando ao Cabo da Cruz, despareceron os bateeiros e as planeadoras e apareceron nos fondeos naves estranhas...
Invasión viquinga? Non, visita amistosa!
Amarramos a motora-galeón para desembarcar e organizarmos as tripulacións de cara à navegación da manhá. O medo xeral: que non chova! 

Confusións paradistas
- Que non, Parada, que non, que ese barco non é para ti, que é dos outros Parada, os do Grove! Venha, déixao estar e volta para o Marichalar, ai!, Rei do Mar...

E saimos a navegar...

Este ano reestreamos uma embarcación e inauguramos outra. Ademais, cheghou a tempada dos pseudónimos: se non lles cheghaba un nome, agora moitos dos barcos tenhen dous e tres e catro. Imaxinación ao poder!

As dúas novidades e a vella licántropa a bordo...
A buceta Lagharta, perdón, Salgharita, antes chamada Laranha, deixou de navegar porque tronzou o pau naquela saída para acompanhar a Vuelta a Espanha (estívolle ben, por ir). Ademais mudáranlle a pintura a negro, para as películas (é dicir, foi dúas veces a dúas películas desas que non ghastan en fotoxó, e xa quedou neghra por se era o caso). Neste inverno recuperou a cor orixinal e ten un pau novo e xa pode navegar. 

O racú Pablo Iglesias, perdón, Republicano, xa o comezamos a preparar para os Encontros de Carril. Si, os de Carril!! Daquela, a intención era recuperar o seu motor e utilizalo de auxiliar para as regatas e travesías en dorna. Porén, cando xa o motor estaba recuperado e en funcionamento, alguén entrou no noso local e roubou o eixo e a hélice. Quedamos tan chafadas que nunca máis acabamos de preparar o barco, até que os piragueiros decidiron facerse cargo del para estes Encontros. Menos mal!

E saimos a navegar!
- Acórdate preguntarlle aos do Rei do Mar con que deterxente lavan as velas...
A abra de Cabo da Cruz (ten outro nome?) é un lugar estupendo para navegar. Suponhemos que desde Boiro e Escarabote a xente gozaría de ver tal cantidade de velas diferentes a navegar. Desde o mar era unha vista ben gostosa. 

Iso si, o Rei do Mar sempre polo medio...
Que bonito loce o Liscornio, perdón, Unicornio!
De volta ao peirán...
A falta de motor, fermosa branca vela para o Republicano, ou era Pablo Iglesias?
Así acabou a navegación da manhá, sen chuvia. 
Que pasou en terra? non sabemos, estabamos a navegar.
Que pasou o resto do día? non sabemos, quedamos sen batería na cámara e sen memoria a semana vista.


Ningún comentario:

Publicar un comentario

a falar a xente se entende