xoves, 9 de xullo de 2015

Encontros no Cabo 1: a armada carcamá

Os Encontros, en si mesmos, son como uns encontros na terceira fase, na que uns seres estranhos de súbito se aparecen na vila tranquila e saen deses estranhos OFNIP's [obxectos flotantes non identificábeis co poliester] e por un fin de semana ocupan os bares e os pantaláns [sobretodo os bares] até que o virus remite e fica latente durante dous anos. Encontros destes levamos doce: somos expertas navenígholas!

E este ano tocan no Cabo da Crus. 

Unha das cousas que máis adoramos dos Encontros son as travesías para chegar a eles: pasar Sagres e Corrubedo para dar en Muros ou Outes, superar a boia encarnada de Punta Faxilda e o Cabicastro para acabar en Combarro, en Bueu... 

Este ano o repto... tan lonxe... tantas horas de navegación... tan aí: este ano o caso era levar todos os barcos navegando!! E levar moitos!! 

Sairon unhas do Cantinho, outras do Bao...
MIMÀ, Cacho armada a da Arousa!!
A chegada foi rápida. Às seis e media xa estaban todas alá... Unha travesínha de nada. 

E as grandes foron para o peirán...
E as "pequenas" foron para o pantalán...
Arombamos todo ben arrombadinho...
Porque hoxe era o día inaugural. Xa sabedes. Tocaba iso que tanto adoramos na ENT Dorna...

Practicar a subida de vela ao son das ghaitas...
Unha vez alistadas as embarcacións...

Marchamos, que temos que marchar!
Non, sempre hai unha razón importante para marchar: buscar comida!

A sagrada Cea: ensalada de pasta e caldeirada de peixe!
A motora xa podía voltar para a Arousa:

O Rei do Mar voltando a casa.
Porque si, a falta de travesías de 10 horas e ghomitos, nestes Encontros no Cabo, o que vai haber novamente no Mar da Arousa é unha motora a cruzar o canal. Ea!


As fotos son de Héctor, Salva e Belén. 

 

Ningún comentario:

Publicar un comentario

a falar a xente se entende