sábado, 16 de xaneiro de 2016

as derradeiras serán as arrancadeiras

E dixo, alá por setembro, o noso profeta Salvadurito: 

- E haberá que ir levando dornas para o reino dos ceos, que ló venhen os trobóns e as tempestades e nada pintan nese val de pozas que é o Bao.
- Así será feito -respostaron as discípulas.

Todas? Noooon! Un grupo de belcebús encornáronse con que ían seguir a navegar eternamente: 

- Nós aínda habemos vir todos os venres, que non son festa de gardar -dixeron as Sapeiras.
- Nós andaremos aos chopos até a novena do patrón -dixeron as Raposas.
- Nós sempre vamos ao revés que todas - dixeron as Ánxelas (as Merkel non, as Novas). 

E por unha eternidade quedaron as demoníacas dornas como abandonadas na mallante, sen navegar, sen ir aos chopos, levando a contraria. Trasnas perdidas.

Hoxe, despois de longas negociacións co profeta, que atende polo ghuasá, fóra a hora da sesta, andaron o caminho de peregrinación. 

Abandonando este triste val de bagullas...
A Raposa, flipando de andar a vela.
O Diosinho Windgurú, que pensa en todo, deixoulle boa tarde aos pilingríns.
Parecía que o vento era pouco, porén as dornas, coa emoción de navegar, por fin, e pensando na entrada nos ceos do Naval, en auténtico milagre milagreiro, planeaban sobre as augas. Ou si! E xusto aí, por tras dunha batea...

...saltou o radar da DGT!! (ai, que vos pilla, Sapeiras)
Menos mal que o axente de tráfico era pouco espelido, ou os poderes do Salvadurito máis grandes do que pensamos, porque as fotos da multa non pillaron folio ningún e podemos reclamar: 

As bateas non tenhen folio....
Ai, mimá, que tanto corren as dornas, que nin se ven!
E así, nun plis, no Naval.

- Chámalle aí ao profeta, que chegamos con ben.
Prrrrr! Que frío!! Por que non as traeríamos en setembro!!
O caso é que as derradeiras dornas en chegar ao Naval, en realidade foron as arrancadeiras de 2016. 

Manda truco! E vai ser verdade iso de que as últimas han ser as primeiras! 

O certo é que xa se notan os días.

1 comentario:

  1. pois a raposa triplicou nesta pasada campanha á anterior nas capturas de chocos

    ResponderEliminar

a falar a xente se entende