A E da ENT Dorna é a de Escola. E onte foi unha tarde de facer honor ao nome. Unha chea de xente no Bao para aprender a navegar.
Xa sabedes cal é o noso sistema: a quen quer aprender élle asignado un patrón ou patroa e, durante cinco tardes, saen xunt@s a navegar para ir facéndose con isto da vela tradicional.
Onte foi o primeiro día de Iván que, sen sabelo, participou nesta clase virtual:
 |
| A Caramecha saíndo da praia... |
E para iso, LESSON GUAN:
 |
| Aprendemos a boghar, como na Noelia. |
Unha vez fondeadas para levar a clase con calma (ben podre, por certo), LESSON CHU:
 |
| - Este é o temón e vai enghanchado na agulla... |
 |
| Un explica, outro practica... |
|
 |
| E os dos cursos avanzados, xa tinhan os paus arriba... |
Unha vez armado o temón, vai a LESSON ZRUI: colocar o pau.
 |
| - Temos que facer o mesmo que aqueles dalá: subilo sempre coas drisas. |
 |
| E aí estaba Suso para facer un titorial en directo desde a Soínha. |
 |
| Colocando o noso. |
E menos mal que a Nela tamén embarcou, que así podía facerlle acordante a Bea dos detalles importantes...
 |
| - Ghuaue, explícalle o das pías do carro, ghuaue |
 |
| Representando os efectos de Bea a mala, desculpa, da vela à mala. |
O seguinte paso, na LESSON FOO, é colocar a vela: amurar, ostaghar, escotar...
 |
| Como xa fixeron na Noelia... |
 |
| Aprendendo a amurar no estrovo (ese llano!) |
 |
| - Usa sempre unha lasca, nunca un ballestrinque! |
 |
| Que rapaz aplicado! Á primeira! |
 |
| - Noooon, non son bolas chineas, son arracamentos... |
 |
| - Ghuaue, explícalle o truque do as de guía, ghuaue!! |
Unha vez armada a dorna, entramos na LESSON FAI: navegar!
 |
| Sentadinho na popa e levando firme a cana. |
 |
| O as de guía, funciona, si!! |
 |
| As drisas van tesas... |
[En realidade queriamos ponher a foto da Caramecha cazada entre as drisas]
 |
| E a calma é total... |
Aproveitando, a aterradora LESSON SEVEN:
 |
| Achicar!! |
 |
| Aprendendo a levar cana e escota, todo por xunto! |
E novamente Nela é quen acorda a LESSON EIT:
 |
| - Ghuaue, explícalle como se coloca a vara de portar, ghuaue!! |
Mesmo a leitura de vento e mar houbo de ensinar a cadela:
 |
| - Ghuaue, case mellor voltamos a terra, ghuaue, que non hai vento ningún, ghuaue!! |
E puxemos en práctica a LESSON GUAN, modo avanzado:
 |
| Bogha, bogha!! |
Modo avanzado: unha bogha, outro leva o rumbo coa cana...
 |
| - Ghuaue, así ides ben, ghuaue!! |
De caminho a terra, cruzamos coa Carme:
 |
| Expertos boghadores, xa!! |
E varadas na praia, a LESSON NAIN: saca todo o que antes puxeches!!
 |
| Fóra o pau!! |
 |
| - Ghuaue, aghora enrolade a escota, ghuaue!! |
E, por fin, a LESSON TEN
 |
| - Ghuaue, levade a dorna ao fondeo, ghuaue, e non esquezades o chinchorro, ghuaue!! |
 |
| - Ghuaue, como me ghusta que as clases acaben ben, ghuaue!! |
Ningún comentario:
Publicar un comentario
a falar a xente se entende