Nestes días, pasada a Festa das Letras, as xentes da ENT Dorna andamos a preparar as nosas embarcacións, que chegan aí, xa á volta da esquina, as primeiras regatas.
Rascar, lixar, pintar, eran as tarefas previstas. Mais este venres, na solleira da tarde, as cousas foron diferentes. Foi abrir o portalón e chegar a nós o arrecendo dos problemas. Algo estranho notamos no local do Naval. As dornas non estaban ben. Nunca antes, nin sequera nos Encontros, as viramos así...
 |
| A Onza abaneando a unha banda... |
 |
| A Sapeira a outra... |
 |
| A Carminha tampouco se tinha en pé... |
 |
| E a Bandalla, case quilla arriba!! |
 |
| E si, con visión borrosa, moi borrosa... |
 |
| Até os temóns andaban agharrados às columnas! |
Tivo que vir o Doutógrafo para analisar as probas, caer da burra, e facer o diagnóstico.
- Ai, paponcinhas!! Como se nota que non facedes gardas de urxencias os sábados à noite...
 |
| - Eló non vedes os restos do botellón?! |
 |
| - E as botellas baldeiras de augardente? |
 |
| - O pipote sen unha chica de vinho? |
 |
| - Os restos da coctelería, dos gintónis con cardamomo? |
Están todas bébadas, Sue Ellen!!
Algunha até deixou os restos do manghito e o balde para poder beber e ir ao cambio a un tempo!
 |
| Ai, Pedra, Pedra! |
A cousa non é para rir, porque as dornas, é evidente, non saben beber. Tenhen o umbral de perigo máis baixo aínda que unha adolescente, e como saben velear con vento fresco e com refachos do quince, hala!, pensan que un grolo máis non fai mal...
E claro, despois somos as adultas as que temos que arranxarlles as resacas, con aspirinas e café cargado.
 |
| A Javiota recibindo unha masaxe recuperadora e tonificadora... |
Un dos casos máis graves foi o da Soínha...
 |
| Así a encontramos, quilla arriba e ghomitando.... |
 |
| Houbo que levala a un box entre todo o persoal hospitalario... |
 |
| ...e facerlle un bo lavado de estómago. |
|
Pero o caso que nos espantou a todas foi o do bote polbeiro...
 |
| Estaba xa desfalecido, en parada cardiorespiratoria! |
 |
| Rápido, rápido!! Desfibrilador!! Placas a 200!! |
Ai, ai, ai, que hai que saber beber!!!
E se bebes, non navegues!
Certificoo todo punto por punto.
ResponderEliminar