mércores, 22 de abril de 2015

Carreirón 10K



A envexa é malísima. 
 
E medio universo anda a darlle ao caletre para inventar calquera cousa máis impresionante que a Volta ao Mundo, desculpa, à Arousa en dornas a vela. E non conseguen. 

O último intento, o da Fundación Deportiva Municipal da Arousa, que como non pode competir com a ACD Dorna [non está ben ir a polas socias] pois en vez de navegar, dá a volta andando. 

Compararán!!

Aínda así, decidimos axudarlles, e para que pareza que van nun travesinho dos bos, aínda que correndinho, unha dorna acompanhará a saída, outra o avituallamento e quen sabe se un galeón na meta. Para que pareza.

  • En fin: tomade nota do evento: Carreirón 10k.
  • Reservade o día: 3 de Maio. 
  • Anotádevos para andar, correr, ou botar as velas arriba (isto último, con Salva). 

E asumídeo: por moi ben que o pasedes, a Volta à Arousa en dornas a vela é moito mellor. ;)


1 comentario:

  1. por suposto , non ai color , e ben o saben os que organisan estos eventos,,,,,eu sonche mais de navegar , probarei nos maratons cando vexa o chegar a meta as mesmas caras de feisidade que na voltarousa,,,prometo

    ResponderEliminar

a falar a xente se entende