luns, 19 de maio de 2014

Un mar de letras 3: entretanto, en terra...

Porque as actividades do Día das Letras son algo máis que as marítimas. Non só de navegar vive a dorna!

Antes de botar ao mar a Patricia, as integrantes do grupo de música e baile tradicional da ACD Dorna espertaron a quen aínda andaba a dormir cun pasarrúas desde o Naval até o Cantinho, onde tiveron a ver botar unhas pezas, apesar do sol atronador.

Gaita e pirataría, grande alianza!
Un grupo de expertas danzarinas!
A gharroada levaba as voces por toda a Arousa.
 Ao tempo, no paseo do Cantinho, as letras acompanhaban ao mar en forma de posto de exposición e venda da Libraría Castelao

Temos de todo, senhora!, ...
...libros para a nena e o neno, para a avoa e o avó!
E unha seneira mexilloeira lucía os traballos do alumnado do CEIP Torre-Illa, que tiraron do produto local para exibir as súas cualidades, non culinarias, mais artísticas.

A seneira tivo que ser dupla, porque tanta arte era malcabida.
Porque o mexillón dá para moito!
Lucindo os traballos...
E a manhá acabou, e chegou o xantar, para recuperar as forzas gastadas nun día tan calorento.

Que bonita a sombra debaixo da rotonda!
E nada mellor que unha sesta para acabar o día...
E fixemos a sesta en galego, claro, por iso de conmemorar o día como é o caso.




1 comentario:

  1. desde aqui agradeservos a todos a disposision que tendes sempre a votar unha man no que fagha falta , sin que nadie volo pida "casi",,,,,nada que asi da ghusto fasert cousas ,

    ResponderEliminar

a falar a xente se entende