sábado, 19 de abril de 2014

Semana de Paixón 4

Para as que non o saibades, o Susito do Gran Poder, o noso profeta destes días, fixo un manado grandísmo de películas, estilo Ben-Hur. Esta fonda experiencia vital e relixiosa fai que sempre tenha unha parábola a punto para contarnos, en cada virada de rumo. Nós, boas discípulas, escoitamos para poder traelas aquí por escrito a este Evanxeo segundo Salva.

Nada mais embarcar, buscou o seu espazo e colocou o micro...

e desde o púlpito falou da Parábola da quilla arriba.
Por veces, podiamos gozar das pilículas em home cinema, o que aumenta a calidade da escoita (ou a cantidade, polo menos). Nós non negamos tres veses ao noso Senhorinho, porén até tres veces houbemos de oir os mesmos mesminhos contos.

Parábola do barco naufragado...
...en estéreo soundrown!!
En Sálvora agasallounos con edificantes historias de vida...

Parábola da pantasma de Camba e a figueira de Uxío.
Parábola das mulleres bogadoras.
E nova navegación e máis palabras parabólicas....

Parábola dos pans e o peixes.
Parábola do Prestige, os militares e o Sentulo.
Parábola do Ulises e as sereas do Pombeiro...

Non había maneira de calar ao noso Susito con tanta película... Non?

Siiii!!
Só os paxareiros puideron mudar as tornas, contándolle a Salva películas das súas, máis do estilo David Attenborough.

O caso é que ten moita sorte o profeta Salva de ternos a nós de seguidoras, porque non imos malghastar os paus das dornas para crucificalo. Abóndanos con vacilalo un pouco neste bló. 

AMÉN


3 comentarios:

  1. Este comentario foi eliminado polo autor.

    ResponderEliminar
  2. "O caso é que ten moita sorte o profeta Salva de ternos a nós de seguidoras, porque non imos malghastar os paus das dornas para crucificalo."

    E porqué non, A ENT e as dornas terian un martir e a a sua salvación asegurada. Digo eu.
    Lauro

    ResponderEliminar

a falar a xente se entende