martes, 8 de abril de 2014

revista de decoración

Din os suecos que a primavera é un estado de ánimo. E que nesta época sempre nos entra vontade de darlle unha voltinha ás nosas casas, aos nosos cuartos, para que parezan outras e así comezar a tempada de verán com máis ledicia.
Pode que esteades pensando en mudar a pintura da sala por papel pintado; en reorganizar os mobles do dormitorio, en transformar cuns vinilos as cerámicas do banho. Na ENT Dorna, como somos especialistas en decor-acción, ofrecémosvos hoxe, de balde, uns pequenos consellos para deixar as vosas casas niqueladas:

Nunca pretendas colocar os cadros de maneira simétrica...
Sempre lucen mellor se parecen pendurados ao chou.
Nada mellor na sala que cortinados historiados (o fermoso non contradi o útil)...
Aínda que sempre podedes combinar cortinados con estores...
Os percheiros quedan moi ben no sanhuán da casa...
E nada como un pizarrillo para simular desconchados e anotar recados.
Se unha xanela dá demasiada luz, tapiámola cunha estantería...
E sempre que poidades, abride as portas ao xardín!
Se tendes garaxe, pintade o coche a xogo cos muros....
Non temades borrar e voltar a comezar. Todo sexa por modernizar a Soínha!
E se hai que eliminar pinturas para deixar madeira à vista, eliminade!!
Porque a madeira à vista é o último grito decorativo...
Por iso a Maria quere que Lino a rasque todinha...
Non digades que non tedes ideas para redecorar as vosas casas. Se quen non renova o fogar é porque non quere...


1 comentario:

  1. eres de medo rapasa,,,,non sei de onde tal sacas,,,a ti o da casa traumatisouche ,grasias polos tan apetitosos consellos , ti sige asi e aber si aghun non fai un cristo na casa

    ResponderEliminar

a falar a xente se entende