martes, 15 de xullo de 2014

Que inchadinha branca vela 4: en las orillas del Sar

Como Rosalía tamén nós andamos polas beiras do Sar, e do Ulla, á busca da fermosura sen nome, perfecta e única (hala, premio para quem encontre o poema onde sae ese verso!). Non sabemos se demos con ela, mais solleira pillamos abonda...

Saimos nas hora prevista da praia de Vilarello
A hora prevista era a das 14.30.
Había que aproveitar a forza da maré e o vento norteirán...

Puidemos bolinar, pola banda de Laínho e pola de Lestrove
Banda para aquí e banda para alá
As dornas tiveron traballo: entre 6 e 10 cambios, dependendo das canas e das canhitas...

Entrando no Sar a cousa xa era de remos, porque o vento xa o tinhamos do revés e porque as pontes varias facían abaixar os paus...

Unhas bogando, outras baixando vela...
Mimela entre salgueiros
En las Orillas del Sar... Noelia
Entrando en Padrón
Dándoo todo por Rosalía!
E chegadas ao malecón non acabaron os traballos... Había que amarrarse ao cabo colocado de beira a beira do río, abandonar os barcos, retirar os remos...

Preparando as dornas...
Carreira de relevos sobre dorna, próximo deporte olímpico!
Salto de rampla, deporte olímpico tamén!
E despois da homenaxe, volta para as dornas, e a desfacer o caminho andado...

...esquecendo que a maré tamén baixa en Padrón.
E aprendendo que no Grove tenhen sistemas estranhos de propulsión...

Ningún comentario:

Publicar un comentario

a falar a xente se entende