mércores, 26 de marzo de 2014

A Nova Marina está como nova!

E a semana pasada, a golpe de xoves, unha delegación carcamá viaxou até Marín porque desde o Centro de Formación A Aixola mandaron recado de que xa estaba lista a Nova Marina.

Non sabemos se lembrades, pero a Nova Marina naceu nese mesmo centro no ano 1994. Chegados aos vinte, tocou pasar ITV, porque tinha que ser revisada toda a estrutura, en especial a quilla e a cravazón.

A delegación visitadora non trouxo fotos, pero no feisbu d'A Aixola colocaron un lote de imaxes que reflicten o traballo que realizou o alumnado do Curso de Carpintaría de Ribeira, que recibirá cadanseu título se non afundimos na primeira navegación.

Ai, mimá, que nin lla freghamos antes de levarlla!!
Toda a obra viva recravada e revisada
A obra máis grande: colocarlle unha quilla de ferro que impida o desgaste.
Ao final xa ía collendo outra cor!
Este é o equipo que traballou na xeiteira. Obrigadas!!



1 comentario:

  1. dende a illa da arousa ,moitas grasias a todo o equipo da aixola (que sei que tamen visitades este blog) por tratar con tanto cariño a esa pesa unica , a nosa joia da corona ,,,a xeitira "nova marina"

    ResponderEliminar

a falar a xente se entende